Skip to Content

Orientación

BANCO DA AMIZADE.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, recibíu o luns, 2 de decembro, no Concello a Nina, Cristian e Nerea, tres alumn@s do CEIP Souto-Donas que lle entregaron unha carta en nome dos seus compañeiros e compañeiras. Forman parte do grupo de “mediación” que decidiron escribir a misiva para facerlle chegar ao rexedor o seu desexo de que no colexio sitúese un “Banco da Amizade”.

 

Nós somos o grupo de mediación do colexio e gustarianos desenvolver este proxecto no noso centro. Pensamos que é necesario para que ningún/ha nen@ estea so/a nos recreos”.

 

Paco Ferreira felicitou a Nina, Nerea e Cristian pola súa implicación e comprometeuse a situar no colexio Souto-Donas un dos catro “Bancos da Amizade” que, tal e como anunciou recentemente, construiranse no taller de carpintería do Centro Juan María.

É un banco a favor do respecto e a amizade.

ESTUDAR SEN AGOBIARSE

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO.

 

Como en cursos anteriores o Ministerio de Educación ven de convocar

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO

EDUCATIVO PARA ESTE CURSO 2019-20 (BOE 27.07.2019)

 

Como o pasado curso a solicitude hai que facela por internet.

 

Clicade para acceder á aplicación : 

 

AXUDAS ALUMNADO NEAE

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e completar toda a documentación que xa nos indica.

 O prazo para presentar as solicitudes no colexio remata o 26 de setembro.  

AXUDAR A ESTUDAR (ALUMNADO E FAMILIAS DE 5º E 6º DE E. PRIMARIA)

NESTA PRESENTACIÓN ATOPARÁS CONSELLOS INTERESANTES, así poderás ORGANIZARTE E APROVEITAR  MELLOR O TEMPO DE ESTUDO

 

 

 

Clica na seguinte imaxe e entra nunha interesante páxina web, nela atoparás consellos e estratexias para memorizar, concentrarte mellor, ...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut