Skip to Content

Matrícula: Solicitude de reserva

IMPORTANTE

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO.

 

Dende o día 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro

ábrese o prazo para a reserva de praza para o vindeiro curso 2024/25 do alumnado que procede de centros adscritos (CFR San José) e vén para 1º de primaria. Tamén o noso alumnado de 6º que vai ó IES Terra de Turonio.

Entregaremos os impresos ó alumnado de 6º.

As solicitudes deberán ser presentadas no centro de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia para o que é preciso a Chave 365 ou certificado dixital.

( https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A )

O Apalpador visita o noso centro

Para rematar este trimestre, chegou ao noso cole O Apalpador e dúas axudantes, dándonos unha marabillosa sorpresa chea de maxia e ilusión ademais de traernos unha chea de xogos que repartiron en todas as aulas.

Moitas grazas á ANPA do noso cole por facer posible que a maxia do Nadal chegase ao centro.

Tamén queremos darvos as grazas pola gran chocolatada preparada pola ANPA e os riquísimos doces que aportaron as familias. 

Amosamos unha pequena testemuña do acontecido, desexando que teñades unhas marabillosas festas. 

 

Mercado de Nadal

Esta fin de semana, as familias de 6° estarán no mercado de Nadal do concello de Gondomar. Se queredes axudar para a excursión de fin de curso, podedes achegarvos ata o seu posto

25 N.

Xa sabedes que o día 25 de novembro é o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Tal e como recolle a Organización das Nacións Unidas a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas e xeneralizadas do mundo. Calculase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case unha de cada tres- foron víctimas de violencia física e/ou sexual alomenos unha vez na súa vida.

Xa que logo, temos moito por facer. Durante todo o curso desenvolvemos tarefas que pretenden concienciar sobre esta e outras temáticas e estes días tivemos a visita de Julia, que pertence a asociación ACADAR. Un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia que levan traballando dende 2009. Moitas grazas pola túa visita e polas importantes ensinanzas que nos transmitiche.

Asemade, no cole levamos a cabo unha serie de dinámicas entre as que se atopan estas que a continuación expoñemos.

Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo no que contamos o conto "Vivan as uñas de cores".

Tamén vos ofrecemos un traballo feito en Genially para que poidades traballar cuestións relativas a diferenza de sexo e de xénero.

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

 

SAMAÍN 2023

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi a festividade do Samaín no noso centro. Agardamos que desfrutedes dela tanto ou máis do que gozamos nós realizando esta experiencia.

Premede na imaxe para poder ver o vídeo.

 

 

 

 

Excursión Fin de curso

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO, ALUMNADO DE 6º

As familias e alumnado de 6º de primaria pediron colaboración á comunidade educativa para o deseño dunha camiseta, unha taza e unha bolsa. Para iso, de xeito voluntario, o alumnado fixo uns debuxos moi orixinais e bonitos.

Despois de moito debatir, mirar e volver mirar, os 3 gañadores deste concurso son os seguintes.

Foi unha elección moi difícil porque o fixestes todos xenial!!

Noraboa ós 3 gañadores e tamén a tod@s os participantes.

3º PREMIO

 

2º PREMIO

 

1º PREMIO

 

 

II Edición de Escola en Camiño

 

O martes 17 de outubro o noso centro recibiu un premio de Categoría Especial na II Ediciópn de Escola en Camiño co traballo presentado no curso 2021/22 sobre o Camiño de Santiago: videocliop "Camiño no camiño".

 

Foi recoller o premio a alumnado de 6º, as súas titoras, Mónica e Carmen e a mestra de música Olga en representación de toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Souto Donas. 

 

É un recoñecemento a todo o traballo e esforzo do alumnado, profesorado e familias. 

 

Moitas grazas a tod@s e NORABOA!!!

 

Se queres saber máis, clica na imaxe

 

MONSTROS MARIÑOS

"Nos vastos e misteriosos océanos existe un mundo cheo de segredos, tesouros e marabillas por descubrir. Dende tempos inmemoriais os mares foron fogar de innumerables lendas e misterios que intrigaron a mariñeiros e aventureiros..." 

Velaquí un pequeno fragmento da carta que chegou ás nosas aulas a través dunha pirata. Un escrito que solicitaba a axuda a todo o alumnado para poder facerse co maior número posible de historias e debuxos monstruosos e lograr que o segredo das profundidades do mar non caian no esquecemento e sexan transmitidas de xeración en xeración. 

Para poder ver todo o noso traballo, preme no seguinte enlace "Amar o mar".

Ademais, tamén vos deixamos un pequeno vídeo que serviu de inspiración para as nosas creacións.

 

 

 

 

 

 

 

É TEMPO DE SAMAÍN

 

" VÉN O SOLPOR, HAI QUE CORRER

NO SAMAÍN TODO PODE ACONTECER. 

VOAN CABAZAS E FALAN MORCEGOS, 

LUCES QUE BAILAN TODAS ENRIBA DOS CEOS. 

 

PELOS DE PUNTA, CHEIRO A CANDEAS, 

AS SOMBRAS BAIXAN TODAS POLA CHEMINEA. 

COR DE CASTAÑAS, FIUNCHO MENCIÑEIRO, 

QUEDAN ATRÁS OS QUE NON CORREN OS PRIMEIROS..."

 

Co 31 de outubro chega o aninovo celta e con el a transición do verán cara o inverno. Esta data está moi relacionada co mundo dos mortos. Os celtas creían que esa noite se abría unha porta e o mundo dos vivos quedaba en comunicación do mundo dos mortos , polo menos, durante unhas horas. 

Durante esta época non se podía saír do pobo, pois as ánimas dos mortos viñan a visitar as súas familias e a comer os alimentos que lle tiñan preparados con todo o cariño. 

Cabe mencionar unha tradición curiosa de cara a esta data: os celtas amontoaban caveiras dos seus mortos e pintábanas. Dita tradición calou fondo na nosa cultura, pois durante anos tíñase por costume amontoar milleiros de pedras nas encrucilladas dos camiños mentres que se pedía un desexo por cada pedra depositada. 

 

Proseguindo o seu legado, convidámosvos a manter a actividade que vimos facendo para conmemorar esta nosa festa:

1. Escolle unha cabaza ou un nabo dun tamaño manexable e facilmente transportable (preferentemente nunha bolsa na que poidas traela de volta para a casa).

2. Decórao sen empregar para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o LUNS 30  para facermos a exposición. (Aquelas que presenten bo estado enviarémolas de volta para casa o xoves)

4. Este ano o noso proxecto de centro trata sobre o mar (lembramos o título,"Amar o mar"). De forma opcional, as cabazas poden estar decoradas dacordo esta temática. 

 

LISTAS DE MATERIAL 2023/24

LISTAS DE MATERIAL 2023/24

A continuación podedes descargar as listas de material de primaria para este curso 2023/24. Está pendente  a lista de material de 5º de primaria que a poñeremos máis adiante. 

Distribuir contido


by Dr. Radut