Proxecto ARCO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Benvida ao novo curso escolar

Dende a ANPA queremos darvos a benvida ao novo curso escolar. Como todos os anos, poñémonos e contacto con vos para informarvos das actividades que se levarán a cabo durante este curso 2012-13, así como para enviarvos as solicitudes de comedor escolar. Lembrade que os que xa vos anotástedes en xuño non tedes que volver a facelo.

Tamén queremos informarvos da variación dos prezos de comedor debido a suba do IVE, quedando así: 3€ o menú diario para os fixos, 4,20€ os non socios e 5€ os esporádicos.

Noutro orden de cousas tamén nos gustaría animarvos a participar activamente ca directiva, xa que neste intre debido a problemas de carácter persoal, so contamos cunha persoa para a xestión da ANPA. Se alguén está interesado/-a que pase polo local da ANPA ou que deixe seña no buzón.

Debido a esta falta de persoal decidimos non cambiar as contas de entidade, polo que se alguén ten problemas coas comisións á hora de ingresar en NOVAGALICIA BANCO, pode facelo no local da asociación dentro dos horarios establecidos.

Esperamos a vosa colaboración xa que ca cuota de socio facemos moitas cousas (festa do magosto, entroidos, fin de curso, subvencionar saídas aos socios, excursións...)

 

Grazas a todos/-as, un saúdo.