Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Abril - mes de letras

  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoluns 23 de abril conmemoramos o día do Libro na Leoteca Bibliosoños agasallando libros e camelias

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 O alumnado de educación primaria, durante o tempo do recreo, puido escoller entre unha escolma de libros.

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Durante a semana da prensa traballamos cos xornais para coñecer as súas seccións. O alumnado fixo unha fotomontaxe coa súa cara nunha imaxe de xornalista.

 

Dende cada titoría redactouse unha sección de xornal para, entre todos, editar un exemplar especial: “The Sobreira Times” que queda exposto no corredor da entrada.


O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con prensa: xornais e revistas. Quen desfruta máis da experiencia, as madriñas e padriños? ou as pequenas e pequenos afillados?

 

Durante a semana da Poesía estiveron a compoñer 

poemas. Houbo un concurso diario no que participou, masivamente, a aula de 5º EP. Cada día na corcheira da Leoteca aparecía unha palabra obrigatoria de incluír na creación. Esta palabra sempre foi un dos verbos do marcapáxinas “Amar o mar” que fora o agasallo do día das bibliotecas en outubro.

 O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con poemas.

E xa que o 7 de maio teremos a visita do poeta Antonio García Teijeiro, cada titoría preparou un cartel para, entre todos, compoñer unha exposición afondando na súa biografía, obras e premios que quedan expostos no corredor da entrada.

(descarga aquí o tríptico da exposición) 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPor último, para pechar este mes de letras, todo o alumnado e profesorado, reunímonos no salón de usos múltiples para compartir a lectura do libro:Lili, ladrona de libros”. Ao rematar agasallouse ao alumnado cun marcapáxinas coa imaxe da lebre do conto, Lili, personalizado xa que inclúe unha copia do carné da biblioteca.

RisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisa