Actividade para 1º e 2º de Educación Primaria
Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem
son tres chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega
seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A
Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo
desenvolve ao longo do tempo.” Nesta comedia a cociña tradicional
galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa. Aquí o sinxelo
pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi
perigoso...