Skip to Content

2º Curso

SESION DE ZOOM PARA MAÑÁN MARTES

Ola de novo:

 

Recordade que mañán ás 12:00h temos sesión de ZOOM. O martes anterior aos que vos conectáchedes dixéramos que iamos probar con outra nova plataforma, pero fixemos uns arranxos en ZOOM e a ver así non nos da tantos problemas. 

Mañán volveremos probar e se vemos que da erros para viernes cambiamos.

 

O que sí mudou foi o ID e a contrasinal. Os novos son ID: 3352245163 e CONTRASINAL: segundo.

 

Esperemos que podades acceder sin problemas. Calquer dúbida escribidenos ao correo.

Ata mañán.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Hola familia:

Que tal seguides? Espero que ben. Que tal pasachedes esta fin de semana co DIA da NAI? Seguro que xenial..

Imos a por outra semana que tamén é máis curta.

 

MARTES 5 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: hoxe darémoslle un repaso as RESTAS LEVANDO, para que non se nos olviden e as MULTIPLICACIÓNS.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: seguimos repasando os substantivos INDIVIDUAL Y COLECTIVO 1 Y 2 e unha FICHA DE ABSURDOS.

- Na área de LINGUA GALEGA: a partir das seguintes VIÑETAS1 e VIÑETAS2, faremos unha oración. Por cada viñeta unha oración.

- CIENCIAS DA NATUREZA: Imos a plantar, EXPERIMENTO.deixamos aquí un enlace para que vexades como o podedes facer. Pode ser con calquer semente que teñades pola casa, lentellas, fabas, garavanzos.. Cando empece a medrar xa nos ides contando, podedes facer un pequeno diario, mandar fotos o correo..

Para os nenos e nenas de VALORES: ficha de CANDO NOS MIRAMOS O ESPELLO E VENTAXAS E INCONVINTES DE QUEDAR NA CASA

 

MÉRCORES 6 DE MAIO:

 - Na área de MATEMÁTICAS: hoxe faremos unha ficha de PROBLEMAS e outra de DADOS DE MULTIPLICACIONS.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: ficha de INFERENCIAS1 E INFERENCIAS2 E R/RR

- Área de LINGUA GALEGA : COMPRENSIÓN1 E COMPRENSIÓN LECTORA 2

- En CIENCIAS SOCIAIS:o traballo de hoxe será para realizar en dúas sesións, hoxe e venres. Faredes unha descrición do voso pobo ou aldea.. cun debuxo final. Poñémola en dúas sesións para que vos de tempo e a fagades con calma, pensando ben o que queredes escribir.

 

XOVES 7 DE MAIO.

- Na área de MATEMÁTICAS: repaso das HORAS  e ficha de MULTIPLICACIONS

- Na área de LINGUA CASTELÁ: INFERENCIAS 1 E INFERENCIAS 2 e FICHA ZA ZO ZU CE CI 

- Na área de LINGUA GALEGA: imos facer oracións a partir das VIÑETAS1 E 2 como o luns.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: primeiro ides visionar o VIDEO SOBRE A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS e despois nun folio faredes vos a pirámide .. intentando recordar onde colocar os diferentes grupos. Este apartado se facedes memoria xa o viramos na clase e ademais viñera unha chica a facer un obradoiro.

 

VENRES 8 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: traballo sobre AS HORAS ( canto tempo vai desde...) como fixemos na videochamada do martes.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: seguimos repasando ZA ZO ZU CE CI e unha ficha de ORDENAR AS SÍLABAS  e formar unha oración coa palabra que consigamos facer.

- En LINGUA GALEGA: hoxe toca LECTURA E COMPRENSIÓN.

E coma e venres toca PLÁSTICA: hoxe imos facer SIMETRÍA 1 E SIMETRÍA 2 . Despois de facela colorearedelas. Ademáis deixámosvos unha actiividade que seguro que tamén vos gustan. Atopa AS DIFERENCIAS

BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!

TAREFAS PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

HOLA CHIC@S: 

 

Vamos a por outra semana... e estas dúas serán máis curtas, xa que o venres é 1 de maio e é festivo nacional e o luns 4 tampouco habería  colexio porque é o segundo día non lectivo que pide o centro, eses días non haberá tarefas.

 

Recordade que todas aquelas actividades que poidades facer nunha libreta nun folio as fagades, non é preciso imprimir.

As actividades de INGLÉS, E. FÍSICA, MÚSICA, RELIXIÓN, PT E AL están no seu apartado correspondente na esquerda da páxina.

Imos alá coas actividades desta semana:

LUNS 27 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: seguimos co repaso de PROBLEMAS e de RELOXOS.

Na área de LINGUA CASTELÁ: como vimos que aínda non queda temos claro o de COLECTIVO E INDIVIDUAL 1 e 2 imos reforzarlo e dúas fichas  de SEPARACIÓN DE PALABRAS1  e 2.

Na área de LINGUA GALEGA: seguimos co ANALISE DE ORACIÓN,pero en galego.

En CIENCIAS DA NATUREZA: imos repartir na sesión de hoxe e na do mércores un novo traballo. Traballo sobre a INVESTIGACIÓN DUN ANIMAL. O animal escolleredes o máis vos guste.

 

MARTES 28 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: PROBLEMAS e un repaso a DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS E APROXIMACIÓN.

Na área de LINGUA CASTELÁ: LA PALABRA Y LA SÍLABA e LA SÍLABA TÓNICA  Y ATONA.

Na área de LINGUA GALEGA: EXPRESIÓN ESCRITA logo podedes facer o debuxo da vosa máquina do tempo. 

En CIENCIAS SOCIAIS: ao igual que en ciencias da natureza imos a investigar. Repartiremos este traballo na sesión de hoxe e na do xoves. INVESTIGACIÓN SOBRE O RELEVO GALEGO

En os nenos que son de VALORES, deixamos aquí unhas pequenas actividades SOBRE OS VALORES Y VALORES 2

 

MÉRCORES 29 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: PROBLEMA  e NUMEROS DE 800 AO 999

Na área de LINGUA CASTELÁ: COLECTIVO/INDIVIDUAL1 E 2 e UNIÓN E SEPARACIÓN 1 E SEPARACIÓN 2

En LINGUA GALEGA: toca LECTURA E COMPRENSIÓN

 

XOVES 30 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: PROBLEMA  e CARRERAS DE MULTIPLICACIONES. ( JUEGO ONLINE)

Na área de LINGUA CASTELÁ: nesta ocasión faremos dúas tarefas online sobre el SUSTANTIVO Y ADJETIVO y otra sobre el SUJETO Y PREDICADO. FIHA 1 Y FICHA 2

Na área de LINGUA GALEGA: Imos facer un CONTO como fixemos en lingua castelá, seguindo o mesmo esquema. Neste ides inventar vós a idea principal, sobre que vai tratar o voso conto. Non é necesario que o rematedes hoxe. Podédelo facer en varios días para que saia mellor. Sen presas! O martes empezaremolos a ler como fixemos co de lengua. 

En VALORES : actividade como a do martes VALORES1 E VALORES 2.

 

Acordádevos de seguir lendo o libro que temos de lectura en común e algún día de repasar os TRIVIAL E BAILES..

Xa que estas dúas semanas serán máis curtas e se vos parecen moitas tarefas podedes repartir algunha por exemplo, para o luns 4 que é non lectivo... 

MOITO ÁNIMO!!

SESION ZOOM VENRES 24

Ola familia:

Recordade que a seguinte sesión será o venres 24 ás 12:00h.

Vémonos!!

 

SESIÓN ZOOM PARA MAÑÁN MARTES

Ola de novo:

Recordade que mañán martes ás 11:00h temos unha cita...vémonos en ZOOM.

O ID e o contrasinal son os mesmos.

ID: 6541078490

CONTRASINAL: 3PeRhB

 

Recordar tamén que no apartado de ACTIVIDADES na marxe esquerda da páxina tendes os apartados de INGLÉS E EDUCACIÓN FÍSICA, porque hoxe falei con Manolo e preguntoume se estes nenos e nenas de segundo estaban facendo algo de deporte... e xa sabedes que Manolo é Manolo..

 

Un bico familias

TAREFAS PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Vamos a por outra semana chic@s!!:

Que tal o fin de semana? Espero que ben..

Aquí vos deixamos as tarefas desta semana.. Como sempre podedes ir adaptándoa segundo as posiblidades de cada un.

LUNS 20 DE ABRIL:

Todos os días imos a ler catro carillas do libro que comentamos na videoconferencia " LOLA PIMIENTA Y EL SECUESTRADOR DE PERROS". Aquí vos deixo o ENLACE. Empezaremos na páxina 5 ata a 8 inclusive. 

Na área de MATEMÁTICAS: seguimos practicando as horas. VÍDEO.. ( non fagades trampa).

Na área de LINGUA CASTELÁ: tamén seguido co análise dunha oración. VIDEO. Tamén faremos unha ficha de ORTOGRAFÍA

Área de LINGUA GALEGA: ficha de COMPRESIÓN.

Na ÁREA DE CIENCIAS DA NATUREZA; unha ficha de SOPA DE LETRAS E ANIMAIS VERTEBRADOS 

 

MARTES 21 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: VIDEO DE PROBLEMAS  e FICHA DE MULTIPLICACIÓNS.

Na área de LINGUA CASTELÁ: FICHA DE SEPARACION DE PALABRAS e QUE HARÍAS SI.. Esta última téndela que facer nun folio ou folla de libreta.

Na área de LINGUA GALEGA: VÍDEO DO ESQUEMA DA DESCRICIÓN.. Seguiremos os pasos para facer unha como en castelán.

Na área de CIENCIAS SOCIAIS: VÍDEO dos ESTADOS DA AUGA e unha FICHA SOBRE OS ESTADOS

 

MÉRCORES 22 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: VÍDEO DE PROBLEMAS e FICHA DE RESTAS LEVANDO.

Na área de LINGA CASTELÁ: seguiremos lendo outras 4 páxinas do libro. FICHA DE QUE HARÍAS TU SI.. e FICHA DE GE/GI/JE/JI

ÁREA DE CIENCIAS DA NATUREZA: imos facer outra SOPA DE LETRAS SOBRE OS ANIMAIS  e unha FICHA sobre os ANIMAIS INVERTEBRADOS.

 

XOVES 23 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: VÍDEO DE PROBLEMAS e FICHA DE MULTIPLICACIÓNS.

Área de LINGUA CASTELÁ: EXPRESIÓN ESCRITA.. seguide creando historias . ORTOGRAFÍA.

Na área de LINGUA GALEGA: COMPRESIÓN LECTORA.

En CIENCIAS SOCIAIS: imos visualizar un VIDEO SOBRE O CICLO DA AUGA e unha FICHA sobre él. Primeiro escribiredes os nomes das fases do ciclo, en cada frecha e logo podédela colorear.

 

VENRES 24 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: último VIDEO DE DE RELOJES e FICHA DE REPASO.

Área de LINGUA CASTELÁ: PARCHIS ORTOGRÁFICO. 

Na área de LINGUA GALEGA: CONTINUA  A HISTORIA. Facede un debuxo sobre a historia. 

E como é venres toca facer PLÁSTICA: TRABALLO DE RECORTAR1, RECORTAR2, RECORTAR3 E RECORTAR4

 

BOA SEMANA!

CLAVE DE ACCESO

Bos días:

 

Aquí vos vai o ID de acceso para a reunión de hoxe ás 17:00h en ZOOM: 6541078490 e o CONTRASINAL sería: 3PeRhB

 

Recordarvos que todos aqueles nenos e nenas que acoden as clases de AL e PT teñen un apartado na páxina que se chama ATENCIÓN A DIVERSIDADE no que as profesoras están a colgar activadades que podedes tamén realizar. Seguro que algunhas xa vos soan.

 

Moitos bicos virtuales e boa fin de semana.

ERRO NO PROBLEMA DE MATE DE XOVES 16

Bos días:

 

Na tarefa de hoxe, xoves 16, hai un erro. Está publicado o mismo vídeo dúas veces, que do día anterior. 

Deixo aquí o enlace do VIDEO do problema para realizar hoxe.

 

Perdoade as molestias.

Un saúdo.

SESION PARA MAÑAN POR ZOOM

Boas noites familia:

 

Como xa vos comentei onte, mañán faremos unha pequena sesión por videochamada mediante a aplicación ZOOM. A intención de mañán será ver como estades, como o ides levando, pero véndovos as caras..

Noutras sesións, xa vos iremos informando, utilizaremos a aplicación para explicar, aclarar conceptos, dúbidas, e se a partir das novas instruccións da Consellería avanzar contidos novos.

Para iso necesitades ademáis de descargar a aplicación ter un código para facer a reunión. Este número é

335 224 5163.

A hora que acordarmos para conectarnos será as 12:00h. Se algunha familia non pode que se poñan en contacto con nós mediante o correo electrónico. Miraremos as posibilidades de cambiar de hora ou de falar con ese neno ou nena noutra hora.

 

ESPERAMOS VERVOS A TODOS E A TODAS MAÑÁN. ANIMÁDEVOS.!!!!

TAREFAS PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Benvindos de novo a tod@s:

Xa estamos de volta.. Comezamos o terceiro e último trimestre.

Que tal estes días de descanso? Espero que nos sigades contando polo correo electrónico como estades facendo moitos de vós. De algún neno e nena non temos noticias deles. Esperamos que vos animedes nesta ocasión. 

Como novidade, imosvos propoñer que descarguedes unha aplicación para que nos poidamos ver, para calquer dúbida, para aquelas cousas que nos queirades contar. A aplicación chámase ZOOM. Mañán poñeremos un número co que teredes que acceder para poder vernos o mércores. ANIMADEVOS!!

Como puxemos da última vez, no segundo trimestre imos a colocar as tarefas por semanas porque creemos que así vos é máis doado organizaros.

Aquí van os desta semana, que é maís curta:

MARTES 14 DE ABRIL:

 Na área de MATEMÁTICAS: esta semana propuxemos mediante un VÍDEO explicarvos a resolución dun problema, para que vos axuden a entendelo e ao final do mesmo un para que resolvades. 

E unha FICHA de cálculo.

Na área de LINGUA CASTELÁ: explicamos as DESCRICIÓNS DE PERSOAS,  mediante un VÍDEO. Ao final do mesmo tendes un exercicio para que inventedes un personaxe e fagades unha descrición seguindo os pasos do vídeo..

Na área de CIENCIAS DA NATUREZA: imos a acabar de visualizar os vídeos que nos quedan sobre os animais vertebrados. Hoxe tócalle OS PEIXES e unha ficha sobre os ANIMAIS 

 

MÉRCORES 15 DE ABRIL:

Na área de MATEMÁTICAS: Imos seguir cos problemas. VIDEO DE PROBLEMAS e outra FICHA DE CÁLCULO E MEDIDAS.

Na área de LINGUA GALEGA: una FICHA DE COMPRENSIÓN.

Na área de CIENCIAS SOCIAIS: Traballo de LECTURA E COMPRENSIÓN SOBRE O LAGO, A ILLA E O VOLCÁN

 

XOVES 16 DE ARBIL:

Na área de MATEMÁTICAS: volvemos cos problemas. VÍDEO e o CÁLCULO.

Na área de LINGUA CASTELÁ : mediante a explicación no vídeo imos a intentar seguir os pasos para a creación dun CONTO , poñede en práctica a vosa imaxinación. Non teñade presa en facelo. Con calma, porque será unha actividade que realizaremos entre hoxe e mañán.

Na área de CIENCIAS DA NATUREZA: imos visualizar o último vídeo que nos quedaba. AS AVES. Despois podedes debuxar a ave que máis vos guste e podedes colocarlle as partes.

 

VENRES 17 DE ABRIL:

En MATEMÁTICAS. para seguir repasando as táboas imos a escribir as táboas, sobre todo aquelas que ainda non dominemos moito. Podédelo facer nun folio ou libreta. Tamén un pequeno repaso de MEDIDA E CÁLCULO.

En LINGUA CASTELÁ : seguimos traballando co conto.. Como é unha actividade longa, que nos leva certo tempo. Senón acabamos onte seguimos con él.

E como é venres toca PLÁSTICA, que tanto vos gusta, e seguindo co traballo dos peixes, imos a encher de boliñas de papel ou se tendes plastilina un PEIXE.  Podedes colorear o fondo do debuxo como se fora o mar.

 

RECORDADE que as tarefas pódense facer nun folio ou libreta que teñades na casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut