Skip to Content

2º Curso

As funcións vitais

Con este último repaso rematamos xa o tema de naturais.

https://youtu.be/enaMfQ2MD_Y

O noso corpo

Estamos rematando o tema de naturais relacionado co corpo. Este é un pequeno resumo do que vimos.

 

Material complementario debido ao Protocolo

Dende o protocolo da Xunta, se nos remite que é obrigatorio traer unha máscara de reposto gardada dentro dunha bolsa, estoxo ou similar.

Tamén acordamos que teñen que traer un paquete de toalliñas húmidas(as de sempre).

Curso 2020/2021

Estimadas familias:

Desexamos a todos/as un bo inicio do curso 2020/2021. Sabemos que neste curso a vosa preocupación é máxima. É por iso, que intentaremos resolver todas as vosas dúbidas sobre o novo curso nunha reunión que se celebrará o martes da semana que vén a partir das 10:00 da mañá.

Convocarémosvos en pequenos grupos e en distintos horarios ao longo da mañá, cumprindo así as normas vixentes. Rogamos que estedes pendentes da aplicación Abalar xa que será a través dela onde vos comunicaremos a orde e os asistentes das distintas reunións.

Tamén vos daremos información sobre as entradas e saídas, que este ano se verán modificadas de acordo co protocolo da Xunta.

Se xa tedes os materiais comprados, por favor traédeos ese día para que así non veñan cargados os nenos e nenas. Tamén deberedes, a poder ser, traer os libros, SÓ OS DO PRIMEIRO TRIMESTRE, así xa os colocaremos no lugar correspondente, facilitándonos unha mellor incorporación ás aulas o primeiro día de clase. A nós correspóndenos comezar o xoves día 10.

Unha última cousa, á reunión traede un bolígrafo, xa que aproveitaremos a ocasión para que asinedes os documentos administrativos correspondentes a este ano.

Esperamos con ilusión o novo comezo de curso e esperamos que todo saia ben!

Material curso 20/21 2ºB

Este é o material que teredes para o curso 2020/2021, xa o colgara en xuño no apartado de 1º. Pinchade sobre a imaxe e accederedes.

Amorebieta concederá ayudas para la compra de material escolar ...

FIN DE CURSO

 Ola familias: 

 

Agora sí que é a última vez neste curso que nos despedimos ata setembro.. porque aínda que sea polo cole ímonos  ver...

 

O venres 19 de xuño a partir das 2 da tarde publicaremos no abalar móbil as notas finais. Se alguén non pode entrar na aplicación podedes escribirnos ao correo  e xa volas enviamos.

O xoves 25 de xuño estaremos no Centro de 10 á 1 para as familias que queirades unha titoría antes de que remate o curso, previa cita escribindo ao correo do nivel.

Nos próximos días publicaremos no apartado de Biblioteca unhas recomendacións de lectura para o verán.

 

Feliz verán a tod@s

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola familias:

 

Agora sí ...agora sí que chegamos a derradeira semana de curso.. ainda que  non o parezca. É triste este final porque non tiñamos pensado, ningún de nós, rematar desta maneira. pero seguramente o vindeiro será moito mellor. Oxalá que así sexa!!

 

Como é a última semana, e se estuvéramos nas clases sería igual, non imos propoñer tarefas por áreas como vimos facendo.. Xa tod@s estades un pouco cansos polo que imos a poñer actividades un pouco diferentes, máis lúdicas, de pouco escribir...

 

Son propostas , todo aquel/a que prefiera seguir facendo os libros, por suposto, que os pode seguir facendo ou deixar para o verán ... como vós prefirades. Esta semana é máis libre.

Aquí vos deixamos un enlaces de vídeos para que poidades ver . Son vídeos relacionados coas matemáticas e a música,  DONAL E PITÁGORAS , DONAL EN LA TIERRA DE LAS MATEMÁTICAS  e o último DONAL PITÁGORAS. Todos estes son vídeos un pouco máis antiguos pero á vez interesantes para descubrir o pai das matemáticas, a orixe dos números.. da música..

- En VALORES: como sabemos do gusto polos cortos deixamos tamén varios que sabemos que vos poden interesar IAN, EL PUENTE, EL MEJOR CORTO DEL MUNDO PARA FOMENTAR LA LECTURA, MONSTERBOX, e u que todos e todas, seamos ou non nenos/as deberíamos ver. O CAZO DE LORENZO.. Despois de cada curto podedes pensar nos valores que nos transmiten.

Logo uns ENCRUCILLADOS, BÚSQUEDA DAS DIFERENCIAS, UNIR CON PUNTOS ( que logo podedes colorear os debuxos que vos saian, LE AS PISTAS E UNE,.. estas actividades van todas nunha única carpeta en pdf, NESTE ADXUNTO, preme enriba.

 Para LINGUA CASTELÁ estes enlaces con xogos online, repasar contidos xa traballados durante o curso,

https://view.genial.ly/5c5ad38b8805472c34584a30/interactive-content-como-se-escribe

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-lengua/lengua/cursos/jugar/index.html?id=6377&curso=segundo&categoria=determinantes_articulos_y_demostrativos

 

Outras actividades: 

XOGO DE TANGRAM, PUZZLES 1  PUZZLES 2, PUZZLE 3, ROSCO DE PASAPALABRA, en galego REPASO DE VOCABULARIO SOBRES AS FROITAS

 

Para PLÁSTICA: xa que imos ter un pouco máis de tempo libre propoñévosvos facer manualidades como UN PAPAVENTOS, ORIGAMIS, FLORES CON GOMA EVA...Unha proposta relaxante:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoseobreiro/system/files/pl%C3%A1stica.pdf

Esperamos que vos gusten e que pasedes un BO VERÁN. Vémonos en setembro..

Bicos e apertas!

ULTIMA SESIÓN DE ZOOM

Ola de novo:

 

Como xa quedan sólo dúas semanas de curso escolar e xa comezamos coa FASE 3 nós, as profes, teremos máis reunións e traballo para facer no cole. Temos que ir máis días, polo que O XOVES 11, DE 11 A 12h será o último día para conectarnos e despedirnos. Faremos unha única sesión, tódos os grupos, para falar, contarnos aquilo que queirades e despedirnos deste " peculiar" curso, non para traballar.

 

Esperemos que o vindeiro  o empecemos mellor que remata este.

 

GRAZAS A TOD@S!!

 

Un saludo das vosas profes Angela e Mónica.

 

 

TAREFAS PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias: 

Esta semana  e xa sólo nos queda outra  e acabamos ... un esforzo máis!!

Esta semana seguimos co traballo nos libros aproveitando que os temos e que temos atrasado pero moitos dos contidos xa os traballados dunha maneira ou outra.

Xa sabedes que se tendes calquer dúbida nola podedes consultar polo correo, estamos a vosa disposición.

As tarefas desta penúltima semana son:

 

LUNS 8 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: repaso do DIÑEIRO ( moedas e billetes ) pax.160 e 161.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: LECTURA E COMPRENSIÓN páxinas 146-147 e 148.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: comezamos un novo tema O MUNDO QUE NOS ARRODEA páxinas 76 e 77. A auga en estado líquido, sólido e gasoso.

- En VALORES: veremos un corto PÁJAROS. e un pequeno traballo para facer despois de visionar o corto.PREGUNTAS.

 

MARTES 9 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: seguimos co repaso do DIÑEIO E DOS CORPOS XEOMÉTRICOS. páxinas 162 e 163.

- En LINGUA CASTELÁ: repasaremos o VERBO, que xa o vimos co análise das oracións, páxina 149 e o repaso da páxina 142.

- En LINGUA GALEGA: LECTURA E COMPRENSIÓN  das páxinas 146-147 e 148.

- En CIENCIAS SOCIAIS: faremos un repaso nas páxinas 66 e 67. Ademáis empezaremos un novo tema ler e respostar a unhas preguntas , páx72 e 73 COMO É A AUGA. Como xa o vimos en ciencias da natureza é moi similar.

 

MÉRCORES 10 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: hoxe tócalle a un pequeno CÁLCULO MENTAL na páxina 164 e a un novo tema O CALENDARIO nas páxinas 166 e 167, é moi faciliño.

- En LINGUA CASTELÁ: BR- BL páxinas 150 e 151.

- En LINGUA GALEGA: ao igual que vimos en lingua castelá onte, hoxe repasaremos O VERBO en galego, páxinas 149 e as palabras con X das páxinas 150 e 151.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: O AIRE, páxinas 78 e 79 e as FORZAS DO MOVEMENTO páx 80 e 81.

 

XOVES 11 E XUÑO:


- Na área de MATEMÁTICAS: TÁBOA DO 7 nas páxinas 168 e 169.

- En LINGUA CASTELÁ: O POEMA, páxinas 152 e 153.

- En LINGUA GALEGA: O CÓMIC  que tamén o traballáramos, páxinas 152 e 153.

- En CIENCIAS SOCIAIS: O CICLO DA AUGA, tamén xa visto páxinas 74 e 75, AUGA DOCE E SALGADA páx.76 e 77. Aquí vos deixamos un VIDEO SOBRE O CICLO DA AUGA.

 

VENRES 12 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: A SIMETRÍA, tamén traballada en moitas ocasións e a TÁBOA DO 8 , páxinas 170-171 e 172.

- En LINGUA GALEGA: ELABORAMOS UN CARTEL E REPASO DA UNIDADE, páxinas 154-155 e 156.

- En PLÁSTICA: AS CENEFAS, seguiremos o exemplo dado para rematar as cenefas dadas, e logo pintarémolas. CENEFA 1 E CENEFA 2

SESIÓN ZOOM DE MAÑAN

Ola a tod@s:

 

Mañán teríamos dúas sesións en ZOOM, pero o venres temos nós, tamén, dúas reunións do colexio polo que a SESIÓN DE MAÑÁN  SOLO A FAREMOS CO GRUPO C de 11:00 a 12:00h. e venres, evidentemente con ningún.

Así esta semana quedarían os tres grupos cunha sesión semanal.

 

Sentímolo moito!!

Distribuir contido


by Dr. Radut