Skip to Content

2º Curso

A TELEVISIÓN A NOVA AULA VIRTUAL

A televisión convértese en aula virtual

TVE estreou este luns unha plataforma de aprendizaxe na casa para estudantes de 6 a 16 anos e un programa de exercicio físico co profesor de «OT».
 
As emisións de Clan estarán reservadas para o grupo de 6 a 8 anos de 9.00 a 10.00 horas.
Na 2 o espazo Muévete en casa, que estará conducido polo profesor de fitness de Operación triunfo Cesc Escolà, que axudará a todos os cidadáns a coidar a súa forma física desde o fogar.
 
Boing,a canle infantil de Mediaset, tamén lanzará o luns unha proposta educativa centrada na aprendizaxe do inglés.
 
Tamén a segunda canle da TVG emitirá contidos educativos de luns a venres.

TAREFAS XOVES 26

Ola chic@s! 

Que tal? Como ides? Esperamos que moi ben.. con ganas de voltar ao cole!!

Aquí vos deixo as actividades para xoves.

 

- Na área de MATEMÁTICAS, ao igual que fixemos onte en lengua, hoxe para mate imos colgar un video explicando as medidas ( medios, cuartos..). Ao final do VIDEO teredes a actividade a realizar.. ANIMO QUE SEGURO QUE VOS SALE XENIAL!

Ademais de unha ficha de MULTIPLICAR para seguir praticando as táboas.

 

- Na área de LENGUA CASTELLANA, colgamos o VIDEO para que poidades comprobar se tendes ben a oración de onte. 

    * Vamos a seguir reforzando a ORTOGRAFÍA DO C e Z. 

    * E por último en lengua, propoñemos unha actividade na que a partir das imaxes tendes que escribir una oración sobre o que vedes.. sobre a CAUSA - EFECTO. Porque a partir dunha causa, dun problema hai un efecto, unha consecuencia

 

- Na área de LINGUA GALEGA teredes duas actividades. A primeira e de clasificar os SUBSTANTIVOS e a segunda sobre o ADXECTIVO.

 

- Na área de CIENCIAS DA NATUREZA colgamos tamén un vídeo para que visualicedes sobre OS MAMÍFEROS xa que despois haberá unhas ACTIVIDADES para realizar.

 

 - En CIENCIAS SOCIAIS as actividades propostas para hoxe serán sobre unha excursión: que medios de comunicación empregaríades e porque, a onde.. ACTIVIDADE 1 e ACTIVIDADE 2.

 

TAREFAS MERCORES 25

Aquí vos deixo as actividades de mércores..ESTAREDES TRABALLANDO NON??

- En MATEMÁTICAS imos seguir traballando a comprensión de PROBLEMAS e AS TÁBOAS, Nesta ficha que colgamos hoxe de multiplicar hay que facelo como fixemos os últimos días de clase. Empezamos a multiplicar polas unidades e se levamos colocamos a levada nas decenas. Colocade as multiplicacións noutro folio ou por detrás da ficha mesma. E MOI FÁCIL!!

Aínda que como táboas propiamente ditas non as vimos todas ( faltan a do 6,7,..9) pero sí como os bailes. Polo que como falamos nas aulas que pensen no bailes de cada número. Para axudarvos coas dudas colgamos un VIDEO EXPLICATIVO. A ver se vos axuda, solo premede enriba de video e xa vos saltará!

 

- En LENGUA CASTELLANA ... Ángela fixo un vídeo no que explica o análise sintáctico dunha oración. Nel vai explicando conceptos traballados nas aulas , que é un nome ( común e propio), que é un adxectivo, un verbo....

Na última parte do vídeo colgou unha frase que teredes que analizar vos seguindo os pasos. Podedelo facer nun folio. VIDEO

- En LINGUA GALEGA: onte fixemos expresión escrita e castelán e hoxe tócalle en lingua. a ACTIVIDADE é a mesma, sólo cambia o idioma.

En canto ás ciencias: 

- SOCIAIS: faremos outro pequeno repaso do tema 2. ACTIVIDADE 1 E ACTIVIDADE 2.

- NATURAIS : hoxe non será unha actividade de papel, senón que podemos facer un EXPERIMENTO

TAREFAS MARTES 24

A continuación adxunto as actividades para martes.

- MATEMÁTICAS: recordade que é IMPORTANTE repasar/ escribir OS BAILES todos ou case todos os días xa que nos van a axudar a traballar coas táboas de multiplicar. Hoxe tócalle a TÁBOA DO 4  e os NÚMEROS ORDINAIS.

 

- LENGUA CASTELLANA: como xa traballamos nalgunhas ocasións nas aulas a expresión escrita poñendo en prática a imaxinación de cada neno e nena ... imos seguir! Sólo terán que ler e seguir coa historia libremente.

* FICHA DE EXPRESIÓN ESCRITA.

* REPASO DA C e Z

 

- LINGUA GALEGA: nesta ocasión seguimos coa lectura e comprensión na nosa lingua. LECTURA.

 

- CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS: seguir repasando TODOS OS DÍAS O TRIVIAL. Ademáis de ser un xogo entretido é un sistema de aprendizaxe.

Tamén repasaremos os contidos de cada unha delas cunhas fichas de reforzo. NATURAIS e SOCIAIS

* FICHA NATU 1 E FICHA NATU 2

* FICHA SOCIAIS 1 E FICHA SOCIAIS 2

TAREFAS INGLÉS

As actividades de inglés estarán colgadas no apartado de inglés.

ACTIVIDADES MÚSICA

O mestre Juan Carlos propón  varios enlaces de páxinas onde podedes realizar distintas actividades a través de xogos, como practicar ritmos, repasar as figuras e os seus silenzos, as notas no pentagrama, as posicións na frauta... Ánimo!

TAREFAS LUNS 23

Como ven sendo habitual estes últimos días enviamos actividades de luns. 

 

MATEMÁTICAS

 * FICHA PROBLEMAS 

* TABLA 3 

 

LENGUA

 * ORACIONES INTERROGATIVAS Y EXCLAMATIVAS

* ORACIONES 2

* SUJETO Y PREDICADO

 

LINGUA 

* DESCRICIÓN DUN ANIMAL

* DESCRICIÓN DUN ANIMAL 2

* FICHA DO R

 

CIENCIAS DA NATUREZA

* FICHA PLANTAS 1

* FICHA PLANTAS 2

 

CIENCIAS SOCIAIS

 * OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN1

* OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN2

 

 

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Mañán xoves día 19 e venres 20 de marzo, como ben sabedes, son días non lectivos, polo que NON haberá acitividades colgadas na páxina.

Retomaremos as actividades o próximo luns 23. 

 

Un saúdo, e ánimo a tod@s!!!

 

 

RELIXIÓN

Para aqueles nenos e nenas que teñen Relxión, a mestra recomenda unha serie de actividades e xogos para realizar online.

 

ACTIVIDADES

 

 

PROPOSTA DE EDUCACION FISICA

O mestre de Educación Física propón unha serie de actividades para realizar na casa. Algúns son exercicios levados a cabo no colexio polo tanto os nenos e nenas saberán facelos. 

ACTIVIDADES

 

Distribuir contido


by Dr. Radut