Con Música e bo humor!

CLASES DE 1º e 2º

Ola amigos!

Hoxe vouvos deixar un enlace no que podedes seguir xogando co noso amigo o Mago e seguir a repasar os sons naturais e artificiais.

http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/01/a_ba01_02vf.html

E como estes días ides estar pola casiña e seguro que ides xogar moito, lembrade que ao rematar hai que axudar e recoller os xoguetes. Así que aquí vos deixo unha canción de Pablo Díaz para que o pasedes ben cantando mentres recolledes!

https://www.youtube.com/watch?v=AEXcIGthdZ0

Aquí vos deixo un enlace, sobre todo ás familias que queiran seguir afondando en canción infantís e cantar todos xuntos.

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

Un saudiño musical!