Fin de curso. Axudas de libros e novas matriculacións

Axenda fin de curso

Xúntase neste anuncio o enlace ao documento (en formato PDF) coa circular para as familias na que se detalla a axenda de fin de curso.

Matriculación de alumnado novo

Tal e como se contempla na lexislación vixente, o prazo de matrícula para o vindeiro curso é do 20 ao 30 de xuño do presente ano. Xúntase neste anuncio o enlace ao documento (en formato PDF) coa documentación e as instrucións relativas a este proceso.

Axudas aos libros de texto

Estando aberto o prazo para solicitar as axudas aos libros de texto para o vindeiro curso escolar, xúntase neste anuncio o enlace ao documento (en formato PDF) coas instrucións básicas sobre estas axudas.

Nova unidade de educación infantil e xornada de portas abertas

Segundo resolución da Comisión de Escolarización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e OU da Coruña do 4 de xuño, neste centro habilítase unha nova aula de educación infantil de 3 anos para o vindeiro curso escolar 2012/2013. Como consecuencia, as solicitudes de inscrición no centro para este curso de educación infantil inicialmente rexeitadas xunto con outras de centros veciños, pasan a ser readmitidas polo que se confecciona unha nova lista de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar que será publicada nos vindeiros días.

Asemade estase a comunicar telefónicamente ás familias do alumnado de nova incorporación ao centro que o vindeiro martes 19 de xuño ás 4 da tarde terá lugar nas instalacións do centro unha xornada de portas abertas nas que se explicará con detalle os diversos aspectos organizativos do centro, das súas actividades, e da tramitación de diversos procedementos abertos.

Listaxe dos novos libros de texto

Tanto no taboleiro de anuncios do centro no que se atopan expostos, como nesta nota, xúntanse as relacións de libros de texto para o vindeiro curso.

Nota importante!

Detectado un erro na relación de libros de texto antes indicada, pasamos a indicar a súa corrección:

  • Educación Infantil de 5 anos. "Cartilla de Lectura Nº 2" o ISBN ten un erro de xeito que no canto de rematar en 45, debe rematar en 54, quedando así en "978842948054-2 Castelá".
AdxuntoTamaño
Circular para as familias de fin de curso83.4 KB
Formulario de matrícula e instrucións89.31 KB
Axudas a libros de texto85.17 KB
Relación de libros para o curso 2012-13 (Educación infantil e 1º ciclo de educación primaria).610.29 KB
Relación de libros para o curso 2012-13 (2º e 3º ciclo de educación primaria).768.07 KB