Os habitantes dos xardíns de Méndez Núñez

O día 30 de marzo de 2012 visitamos estes xardíns que foron inaugurados no ano 1868 en honor a Casto Méndez Núñez, mariño militar da Real Armada Española e heroe de guerra, naceu o 1 de xullo de 1824 en Vigo – Pontevedra e morreu o 21 de agosto de 1869 en Pontevedra.

O primeiro que fixemos foi presentarnos.


O segundo foi poñer uns números nas camisetas para facer equipos e saber con que monitor ibamos.


Fomos a unha rotonda, quentamos os músculos para facer unha carreira.


Colliamos cartas que tiñan as normas de coidado dos xardíns, dabamos unha volta a unha estatua e volviamos có noso grupo.

Vimos a casa do druida dos xardíns que é un teixo.


Vimos o plátano de paseo e as súas follas, que o druida emprega para facer as pocións para atopar amigos.


Vimos o magnolio e a súa folla que a usa na poción por ser unha árbore de folla perenne.

E tamén vimos a camelia e a súa flor, necesaria para que os amigos que se van volvan pronto.

O doutor Enrique Hervada García-Sampedro foi profesor de Menciña na Universidade de Santiago de Compostela e médico en distintas cidades para establecerse finalmente na Coruña. Naceu na Coruña o 10 de xuño de 1883 e morreu o 3 de abril de 1953.


Juan Fernández Latorre naceu en A Coruña o 8 de outubro de 1849. No ano 1882 fundou o xornal “La Voz de Galicia”. Morreu en 1912.


Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo – A Coruña o 30 de xaneiro de 1886 e morreu en Bos Aires – Arxentina o 7 de xaneiro de 1950 foi político, escritor, pintor, médico e debuxante.

Concepción Arenal naceu en Ferrol – A Coruña o 31 de xaneiro de 1820 e morreu en Vigo – Pontevedra o 4 de febreiro de 1893. Disfrazouse de home para poder estudar Dereito na Universidade. Foi abogada e defendeu ás mulleres encarceladas.


Eduardo María González-Pondal e Abente naceu en Ponteceso – A Coruña o 8 de febreiro de 1835 e morreu en A Coruña en 1917. Foi poeta e o seu poema “Os pinos” con música de Pascual Veiga é o himno de Galicia.