Sal lence

30/03/2020

 

Bos días familias; unha semana máis superada, e afrontamos unha nova na casa, espero que sigades tod@s ben, e ánimo que xuntos imos poder superalo.

De novo mando suxerencias para @s nos@s pequen@s:

 

_1º. Todos os días na clase comezamos, ademais de saudándonos, repasando os días da semana, eles saben como o facemos, que vos ensinen como é. Despois dicimos o día da semana no que estamos e o día do mes (aquí contamos dando palmas; ex. hoxe é día 30, contamos dando palmas ata o 30, e así os seguintes días).

E por último na estación na que nos atopamos. A semana pasada entramos na Primavera. Podedes escoitar esta canción:

 

 Enlace á canción

 

_2º. A profesora María Luisa mándavos unhas suxerencias de manualidades que se poden facer na casa e que teñen relación coa Primavera (arquivo adxunto “manualidades”)

 

_3º. Mándovos outras fichas novas:

             . Letra “P” “p”, que xa comezamos a traballar na aula (arquivo adxunto “letra p”)

             . Fichas de repaso dos números do 1-6 (arquivo adxunto “números”)

             . Fichas novas de lectura (arquivo adxunto “lectura”).

 

De novo mándovos moito ánimo e forza para estes días, espero voltar a vernos pronto. Un saúdo, a vosa titora.

 

                                                                                                                                         Maite.

 

 

Día 23/03/2020

 

Bos días familias, comezamos a nosa 2ª semana na casa, e acaban de anunciar que se polonga 2 semanas màis, a última semana serán xa as vacacións de Semana Santa.

Espero e desexo que estedes  tod@s ben de saúde e co ánimo alto para afrontar esta situación, aínda que pareza que isto non vai terminar nunca, non podemos, nin debemos perder a esperanza , o sorriso, sobre todo d@s nos@s pequen@s. Ánimo e moita forza.

Hoxe luns mándovos unhas recomendacións para toda a semana.

 

_1º Unhas propostas  de parte da profesora María Luisa, en canto a psicomotricidade:

Ola, son María Luisa e  quero recomendarvos unha serie de xogos de psicomotricidade para facer na casa. A ximnasia nestas idades é importante” para que os nenos poidan entrenar os seus movementos, equilibrio, axilidade, forza dun xeito divertido.

 

-     

Xogo das pisadas: Facemos as pisadas dos pés en folios e pintámolas de cores, pegámolas no chan cun anaco de fixo e facemos unha ou dúas ringleiras. Xa podemos facer as combinacións que queirades, saltando de unha en unha ou ben pasos máis grandes, alternando os pés dereito e esquerdo...

 

-     

Xogo da carretilla: Na posición de carretilla complicamos este xogo dispersando as pezas dun puzzle sinxelo polo chan para  despois fácelo cando teñamos todas as pezas.

 

-     

Xogo dos bolos: Podemos facer bolos con botellas de plástico e enchelas un pouquiño con arroz e cunha pelota terán que tirar o maior número de botellas. Con esta actividade consiguen coordinar os movementos de brazos e pernas e controlar a forza.

 

-     

Xogo de puntería: Consiste en lanzar obxectos que non roden dentro dun ou varios aros de distintas cores seguindo unha orde. Se non temos aros usamos cartolinas de cores ou ben fios de lá facendo círculos no chan.

 

-     

Xogo de imitación: Deitados no chan ou a catro patas imitamos a distintos animais: gatos, cans, elefantes, serpes, gorilas....e saltamos imitando aos sapos,canguros....

 

-     

 Podemos facer un circuito de ximnasia feito con puffs, coxíns, cordas, aros.....é moi divertido.

 

-     

 Xogo das estatuas: Bailamos ao ritmo da música libremente, cando pare a música nos transformamos en estatuas sen mover os pés do chan.

 

-     

 Xogo dos globos: Inflamos moitos globos e botamos os globos ó aire e intentamos darlles coas mans para que non caian ao chan.

 

 

Podedes tamén acceder a esta páxina por internet que nos explica cómo facer 11 manualidades cos peques aproveitando moitos materiais que temos na casa e así pasamos mellor o tempo:

www.hanfie.com manualidades ninos-3-5

 

Moitos biquiños para todos e todas. Ánimo!!!

 

 

_2º Unha actividade proposta dende o concello: (buscade arquivos adxuntos, nome concello)

 

 

_3º Para traballar as vogais e a letra “p” cantando (como facemos na aula) a través de You tube, os seguintes enlaces:

  - La risa de las vocales: repasamos as vogais cantando.

  - La ronda de las vocales: “             “       “            “

  - Baby radio: repasamos cada unha das vogais e cantamos.

  - El monosílabo: repasamos tamén as vogais que queremos traballar e a letra P.

  - La pelota loca: igual que  “o monosílabo”.

Todo isto  traballámolo na clase practicamente a diario, polo que lles resultará moi conocido.

-Paco Nogueiras: canción “Radio Bule Bule” ésta gústalles moito, pero hai moitas máis deste cantante.

 

 

_4º Mándovos unhas fichas tanto das vogais como de números para facer 1 de cada, cada día.

Quero que estas fichas sexan voluntarias; non vos quero cargar con máis tarefas, pero se vedes que lles veñen ben, servirarán para ter a rutina do cole.

Non vai ser obrigatorio traelas de volta ó cole cando por fin voltemos de novo a clase, pero se as fan, entón estará ben que as traían, sentiranse moi ben ensinándollas a súa profe.

Tamén sou consciente que non todo o mundo ten impresora na casa, mirando nos ficheiros adxuntos podedes facervos unha idea de como traballar.

Repito, NON é obrigatorio, todo son suxerencias para levar millor o estar na casa e recordar un pouco o traballado.

 (buscade arquivos adxuntos, nome de cada letra e cada número)

 

 

Non vos vou dar a lata máis nesta semana, salvo que surdan ideas divertidas pora @s nen@s.

Moitas grazas polo voso esforzo, a vosa titora,

                                                                                    Maite.

  

 

21/03/2020

 

Boas tardes familias:

 

     Para acompañar o mundo das emocións infantís frente ó virus que nos está a afectar nestes

 

momentos, dende a fantasía e o simbólico, imos recomendar uns contos que vos poden axudar a

 

achegar explicacións ós máis pequenos / as.

 

Pódense buscar en internet escribindo directamente no buscador google o título do conto

 

seguido da palabra ¨cuento ¨. Tamén se poden imprimir para que os nenos /as poidan pintar

 

algunhas páxinas ó seu gusto para canalizar os seus sentimentos a través do conto. Se non

 

dispoñedes de impresora podedes ler o conto ós peques e despois facer un debuxo alusivo xunto

 

con eles. Aquí vos escribo os títulos:

 

- Hola! Soy el coronavirus. Este é un conto para nen@s de dous a sete anos.

 

- Rosa contra el virus. Conto para explicar os virus ós peques. Pódese descargar en pdf.

 

-Misión: Quedarse en casa. Tamén se pode descargar en pdf.

 

Aproveito tamén para dicirvos que hai unha páxina onde podedes atopar recursos de fichas para

imprimir ou debuxar vós mesm@s sen necesidade de impresora...buscar ideas...Podedes atopala poñendo no buscador ¨familia y

cole materiales infantil ¨.

 

 

 

 

 

 

Actividades para estes días

Boas noites, nais e pais dos nen@s de 5º de Infantil, debido a o noso illamento na casa polo que todos estamos ó tanto, vou mandar unhas orientacións para os vos@s fill@s, tipo o que facemos na aula cada día. Deste xeito tentaremos ter unha rutina diaria, que como non sabemos con certeza canto vai durar, cando voltemos de novo a aula non se nos esqueza todo o aprendido.

 

LECTOESCRITURA:

_ Repasar as fichas de lectura xa enviadas, en distintos días a casa, facelo todos os días.

_Repasar as grafías das vogais (a, e, i, o, u,) e tamén da letra “p”.

_Escribir palabras coa letra “p”, por ex: papá, papi, pupa, pipa, pío, pía, púa, upa, apa, Pepe……

Cada palabra que a escriba 2 ou 3 veces e despois facer un debuxo.

_Escribilo seu nome.

 

NÚMEROS:

_Repasalos números do 1 ata o 7. Facelos primeiro co lápiz e despois repasalos cun rotulador.

_Debuxar obxectos, tantos coma o número que lle indiquemos, (non é importante como saia o debuxo, o importante é saber contar).

_Tamén poden contar obxectos que temos na casa, calquera cousa, non todo ten que ser escrito.

GLOBALIZADO:

O tema globalizado que estamos traballando, xa o vestes no libro das pegatinas que levaron para casa “os animais salvaxes en perigo de extinción”, pero tamén todos os animais.

_Intentar debuxalos (repito como saían).

Ao longo dos días irei mandando fichas e sitios web para que sigan os nosos nen@s entretidos,

Un cordial saúdo para tod@s, a titora, Maite.acceder

 

 

Ola, son María Luisa, moitos saúdos:

 

 

Mándovos unhas suxerencias:

 

• Podedes acceder ao xogo educativo online: El Búho Boo: que inclúe xogos para aprender o manexo do rato do ordenador, e tamén, xogos tadicionais de colorear, crebacabezas, ...

 

 

• Así mesmo é importante non descoidar a música, cantar e bailar as cancións de: Canta Juegos, Miliki, La Familia Telerín, ...

 

• Mándovos esta páxina online de contos infantís moi recomendable: https://cosasdepeques.com

 

• Tedes un xogo da oca para descargar aquí: https://familiaycole.com/educacion-infantil

 

Espero que vos guste.

Bicos

 

 

                18/03/2020

 

Boas tardes familias: quería darvos unhas indicacións para que os nos@s fill@s tamén poidan traballar o inglés é a música.

 

Os profesores destas especialidades tamén puxeron na web do centro actividades, dende infantil de 3 anos ata 6º de primaria.

 

A ruta a seguir é; na parte esquerda onde pon ESPECIALIDADES:   Lingua Inglesa

 

                                                                                                              Educación musical

 

Só tedes que buscar o nivel corespondente d@s nos@s fill@s e, alá a practicar.

 

Ademais nos indican as ferramentas que temos que ter para poder facer as actividades(inglés).

 

 

 

Tamén vos mando unha ficha para que coloreen e despois poñan na ventá; se se quere, para mostrar o noso agradecemento por todas as persoas que

 

traballan para que isto acabe e acabe ben, mentras tanto ánimo que xa queda 1 día menos.

 

Moitos saúdos, Maite.

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Debuxocorazón.JPG43.88 KB
concello.JPG95.87 KB
numero-3.png204.5 KB
numero-4.png26.49 KB
numero-5.png227.1 KB
numero-6.png226.08 KB
numero-7.png144 KB
vogal-A.png150.78 KB
vogal-E.png138.52 KB
vogal-I.png62.73 KB
vogal-O.png127.84 KB
vogal-U.png90.59 KB
manualidades.pdf3.73 MB
p-mayuscula.jpg149.16 KB
p minuscula.jpg32.95 KB
letrilandia.png1.63 MB
letra-p-7.jpg25.99 KB
letrilandia-2-002.jpg111.06 KB
p.jpg38.5 KB
p mayuscula.png20.3 KB
letra p.jpg40.52 KB
caligrafia-letra-p.jpg55.83 KB
lectura.jpg98.69 KB
letrilandia-2.jpg30.43 KB
numeros-1-5.jpg43.53 KB
numeros-1-5bis.gif69.26 KB
numeros-1-5bis.jpg69.42 KB
numeros-1-6.jpg105.3 KB
numeros-1-6bis.jpg78.66 KB
cartel-de-primavera-4.jpg60.68 KB