Comezo de curso 2020-2021
Titorial de acceso á Aula Virtual
Se necesitas axuda para acceder á Aula Virtual, podes ler este breve Titorial. O titor de cada alumno comunicará o nome de usuario e o contrasinal necesarios para poder acceder.
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á COVID
Para acceder ao Protocolo de adaptación á COVID pincha eiquí.
DECLARACIÓN RESPONSABLE
O pasado venres día 4 de setembro a Consellería de Educación publicou o Modelo de declaración responsable, polo que as familias se comprometen a facer a "Enquisa de Autoavaliación clínica do COVID aos seus fillos. Os titores son os encargados de recoller esas Declaracións.
ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN DIARIA DO ALUMNADO
Có fin de facilitar ás familias o control do estado de saúde do alumnado, a Consellería de Educación publicou unha Enquisa de Autoavaliación (Actualizada o 25-09-2020) que podedes atopar neste enlace.
Protocolo COVID-19
- Os titores están contactando coas familias proporcionando información útil á espera de poder facer unha reunión.
- Seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o colexio en coordinación coa ANPA esta mos perfilando o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Será presentado ao Consello Escolar e en canto estea aprobado será publicado.
O máis destacados para o noso alumnado é:
EQUIPO COVID |
Na escola contaremos cun Equipo que será o encargado de comunicar calquera incidencia tanto a vós como ás vosas familias. Este Equipo está formado por: -Teresa(Orientadora e coordinadora) -Profe María Luisa(Infantil) -Profe M.ª José del Río (Primaria) |
QUE FAGO ANTES DE IR AO COLE?
PREPARO A MOCHILA |
Na mochila teredes que meter: • O material que precisamos • A axenda. (E.P) • O estoxo. (E.P) • Una bolsa ou caixa para gardara máscara co nome.(E.P. e E.I) e unha máscara de reposto. • Almorzo para o recreo. (E.P e E.I) • Unha botella de auga. (E.P e E.I) unha máscara de reposto. • Paquete pequeno de panos (E.P. e E.I) |
Ata novo aviso non poderedes traer á escola xoguetes, cromos, cordas, balóns...
COMO ME SINTO HOXE? |
•Todas as mañás, comprobaremos a nosa temperatura, se temos tose... •Se tedes algún síntoma teredes que quedar na casa ata que o voso pediatra o diga. •Se non tedes ningúnsíntoma podedes vir á escola |
SÍNTOME FENOMENAL, ASÍ QUE... Á ESCOLA!
XA ESTOU NO COLE, E AGORA QUE?
COMO ENTRAMOS? |
||
Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria Entraredes por rúa Buenavista. Esperades na fila de puntos rosas indicada e en fila respectando a distancia de seguridade iredes directamente para a vosa aula. |
3º,4º,5º,6º de Primaria Entraredes polas portas indicadas na Avenida de Oza. Esperades na zona de puntos amarelos indicada do teu curso e en fila respectando a distancia de seguridade iredes directamente para a vosa aula. |
|
Diríxome á miña aula procurando tocar o menos posible paredes, interruptores da luz, mobiliario común, portas, pomos ... |
||
Nos accesos estará sempre un/unha mestre/a para axudarvos e guiarvos, para que saibades en todo momento que tedes que facer e vos sintades acompañad@s e segur@s. |
NA AULA |
• Vou ao meu sitio onde colgo a miña chaqueta na cadeira/colgadoiro e deixo a mochila no meu posto. • Desinfecto as mans ao entrar na aula. • Teño que lembrar que non podo prestar o meu material. • Se usamos algo comúnteremos que limpalo antes e despois do seu uso. • Merendaremos nas aulas, as merendas serán saudables como en cursos anteriores, e non podemos compartir nada cos compañeiros. • Lavaremos as mans con auga e xabón ou desinfectarémolas con xel, antes de merendar, antes e despois do recreo, antes de baixar ao comedor, cada vez que usemos o baño, e sempre que sexa necesario. • É recomendable en Infantil e obrigatorio en Primaria o uso da máscara tamén dentro da aula; é recomendable en Educación Física sempre que sexa posible. |
Nas aulas e en todas as dependencias do cole, contaredes co material hixiénico necesario: panos desbotables, xeles, papeleiras...para garantir a máxima hixiene. Mestres e mestras estaremos pendentes para axudarvos en todo momento e recordarvos as normas hixiénicas e sanitarias, se tedes dúbidas preguntade o que precisedes. |
FORA DA AULA Sempre que saias tes que recordar dúas cousas:
|
|
•Leva ben posta a túa máscara. É recomendable levala tamén en Infantil Educación Primaria ten que levala en todo momento |
•Mantén a distancia |
QUERO IR AO BAÑO |
•Os aseos utilízaranse segundo a plantado cole na que nos atopamos, independientemente do sexo,de tal xeito que un baño está aberto mentras limpan o outro. Os baños teñen un aforo limitado, polo que non podemos ir todos a un mesmo tempo. Cando precisedes ir ao baño tedes que saber: -Se hai mais nenos tedes que esperar,respectando a distancia mínima. -Intentaredes estar o tempo imprescindible. -Tedes que lavar as mans despois de ir e utilizar as papeleiras |
TEMPO DE RECREO |
- Acudiremos ao patio cando o tempo o permita; de non ser así, quedaremos nas aulas, patio cuberto, ximnasio . - No patio xogaremos nos espazos asignados: Os primeiros días os profes recordarannos onde temos que xogar. - Non podemos usar material ( balóns, cordas....), como xa sabedes non podemos traelos á escola. - Para movernos polo centro temos que levar sempre a máscarA |
A COMER! |
Acudiremos ao comedor acompañados polos monitores, en orde e respectando a distancia mínima de seguridade, para transitar pola escola temos que levar posta a máscara. Colocarémonos nos espazos asignados a nosa aula, non poderemos deambular polo comedor, se precisamos algo teremos que pedirllo ao persoal colaborador. Unha vez colocados no noso sitio podemos sacar a máscara e gardala dentro da bolsa ata que rematemosde comer.( Recoméndase que a utilicen entre primeiro e segundo prato, e ata que lle sirvan o postre). |
MARCHAMOS PARA A CASA