Tareas 15 de Xuño

Tareas 15 de Xuño

Bos días familias, e xa chegamos ao final de curso, parece mentira, recordando cando tivemos que marchar para casa aquel día 13 de marzo.

E xa estamos no final, na derradeira semana de clase, que de estar no cole sería unha semana con moita alegría n@s nen@s, con moitos xogos, cancións, risas…Este ano é diferente, non teremos a nosa pequena festa de despedida na clase, que tanto lles gusta, e faise estrano, para eles e tamén para min.

Sei que traballastes moito, todo o que puidestes, cada familia coas súas circunstancias, seino e douvos as grazas por todo o voso esforzo.

En setembro verémonos (estaremos atentos ao que nos vaian dicindo as autoridades competentes) e recuperaremos o estar xuntos, vernos, falar, xogar, rir…e aprender cousas novas.

O venres 19 de Xuño estarán postas as notas, a través de Abalar, poderedes velas.

Esta semana o traballo só será buscar 5 diferencias nestas 5 imaxes, nada máis. (ficheiro adxunto)

 

E para rematar unha canción de despedida e de comezo de verán.

 

Rock de la playa

 

Que o disfruten moito @s meus nen@s, dádelles un bico e un abrazo grandote de parte da súa profe, e unha aperta para vós familias, a vosa titora,

                                                                                                                                                                                         Maite.

AdxuntoTamaño
diferencias1.jpg83.6 KB
diferencias2.jpg49.19 KB
Diferencias3.jpg77.14 KB
Diferencias4.jpg95.32 KB
diferencias5.png479 KB