XOVES 11 XUÑO
Ola familias:
Hoxe Martiño o golfiño esta de cumpleanos !!! Cumple tres anos e ímoslle
debuxar unha tarta nun folio e coloreala. No debuxo pódenvos axudar os
maiores da casa pero vós tédela que colorear enteiriña do sabor que vos
guste. Enriba da tarta imos poñer tres palotes en forma de vela e para
axudarlle a Martiño a contar as velas pois enriba de cada unha imos escribir o
número 1, 2 e 3. Escribídeos vós que son números que xa coñecedes.
Ata mañá. Saúdos Carmen.