DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2024

O luns 8 de abril tivemos visita na nosa biblioteca; estivo con nós a dentista Emely Soto Rosa, doutora con clínica en Monforte de Lemos, quen acudiu ao noso cole a falarnos un pouquiño sobre sobre saúde e hixiene bucodental, coincidindo ca conmemoración do Día Mundial da Sáude. Xa sabedes que esta é un dos obxectivos da Axenda 2030 que queremos reforzar.

 

 

Nesta actividade os alumnos e alumnas do cole coñeceron da man desta profesional a importancia dun bo cepillado dental e os pasos para que o cepillado sexa correcto.

 

Tamén nos falou sobre a importancia dunha alimentación adecuada e dos alimentos que nos poden axudar a manter san a nosa dentadura: froitas, verduras, leite, queixo... porque a saúde da dentadura repercute no resto do corpo.

 

Para rematar, practicamos o cepillado cunha dentadura fixemos un pequeno debate sobre as ideas principais desta charla:

-Cepillar os dentes 3 veces ao día.

-Que o cepillado dure máis ou menos 2 minutos.

-Utilizar pastas adecuadas e fío dental.

-Visitar ao dentista cada pouco tempo.

-Comer menos chuches e doces.

 

 

Por último, Emely agasallounos a todos cun marcapáxinas cos pasos a seguir para realizar un adecuado cepillado e un lapis e unha goma en forma de dente.

Moitas grazas Emely por colaborar con nós en coidar a nosa saúde!!

 

PUNTO LARANXA

No lateral dereito deste páxina podedes atopar a seguinte icona:

IES Plurilingüe A Paralaia

 

Un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo. Clicando na icona da web accederán a un formulario online. Estas comunicacións irán a un enderezo habilitado que será supervisado pola Coordinación de Convivencia do centro.

 

Ademais, este recurso tamén existe de maneira física no noso cole. Recordámosche como funciona o buzón do Punto Laranxa:

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segurx.

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (situado na entrada al lado das escaleiras).

3. Deposita no buzón do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado).

 

 

Contra el acoso escolar - #StopBullying

 

OBRADOIRO DE XABÓN NATURAL

O pasado venres día 5 de abril visitounos Elia, a mamá de Valentina de Infantil de Enzo de Primaria para ensinarnos a facer xabón natural.

Acudimos a zona verde do noso patio aproveitando o bo tempo e seguindo a recomendación de non facer xabón en lugares pechados.

 

En primeiro lugar, explicáronnos cales eran os ingredientes necesarios e os pasos a seguir.

 

 

Cada aula fixo o seu propio xabón empregando:

-Graxa

-Agua

-Deterxente en po

-Suavizante líquido

-Sosa (soamente manipulada polos adultos)

-Champú

Por grupos, fomos poñendo os diferentes ingredientes en cada cubo coa supervisión e guía dos nosos profes.

 

 

 

Observamos os materiais a empregar, como por exemplo a graxa.

   

 

Por último, cando a mezcla xa estaba espesa botámoslle un colorante azulado para darlle algo de cor. 

 

 

O proceso finalizou cando a mestura estaba totalmente homoxénea. Deixámola reposar durante un tempo para que se solidifiquen o suficiente como para cortala en pequenas porcións.

Este traballo irá destinado ao mercadiño solidario de Hospitaleiros sen fronteiras, ONG coa que colaboramos, para recadar fondos para axudar aos nenos do Senegal.

Moitas grazas a todas as familias que aportaron graxa para facer posible esta actividade e, en especial, a Elia pola axuda!

 

 

SAÍDA AO VIVEIRO "OS TROLLOS"

Este venres día 22 tivemos unha saída ao viveiro Os Trollos situado no noso Concello, co motivo da conmemoración do Día da Árbore.

 

Primeiro distribuíronnos en dos grupos: Educación Infantil e 1º de Primaria e, o outro de 2º a 6º de Primaria. A cada un de nós tocounos unha monitora diferente que nos axudou a realizar todas as actividades.

 

Comezamos realizando un hotel de insectos. Cada grupo realizou un, para colocar no noso centro á volta de Semana Santa.

 

 

 

A continuación, decoramos o noso propio colgante de madeira como recordatorio deste día.

 

 

 

 Cada un de nós plantou o seu propio carballo.

 

 

 

Logo, estivemos a descansar un poquiño mentres tomamos a merenda e, por último dirixímonos a outra zona para plantar dúas árbores no viveiro.

 

 

Ademais, a cada un de nós entregáronnos unha camiseta de recordo e unha casiña de paxaros para montar na casa.

 

 

Moitas grazas pola organización desta actividade ao GDR Ribeira Sacra Courel na que participamos máis de 600 alumnxs da contorna. Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos da natureza e pasámolo moi ben!

SEGUNDA VICTORIA NO ECOPREGUNTOIRO DE RADIO VOZ

Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso están a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

Foto autorizada polas familias

 

Pois ben, temos outra boa nova!! Este mércores realizamos a segunda rolda deste concurso e volvimos a conseguir a victoria contra outro CEIP da provincia de Lugo. Gañamos por un total de 10 puntos fronte aos 0 conseguidos polos nosos contrincantes. 

Este triunfo é grazas a todo o traballo que están a realizar os participantes desta actividade. A súa implicación e esforzo está sendo impecable é a vista esta dos resultados obtidos. 

 

NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS EN SEMIFINAIS!!!

Bravo GIFs | GIFDB.com

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA 2024

O día 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Árbore co fin de intentar frenar o cambio climático e a tala indiscriminada. O propósito principal é sensibilizar á sociedade sobre a importancia de coidar o noso entorno natural. Dada a importancia desta día, no cole non podíamos deixar de realizar algunha actividade para intentar contribuír a toda esta causa. 

Infantil: DÍA DEL ÁRBOL 2018

 

Ademais, neste día tamén se conmemora o Día Mundial da Poesía establecido por la UNESCO en 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. 

Poemas-notariosyregistradores.com

 

Pois ben, a actividade que organizamos foi a plantación de dúas abeleiras na zona verde do noso cole para que nun futuro nos den moitos froitos e, a realización de poemas sobre a natureza para colgar nas ramas das árbores de dita zona. 

  

  

  

  

  

Moitas grazas ao persoal do Obradoiro de Emprego, en especial a tres das mamás do noso alumnado: Verónica, Dolores e Maribel, que nos trouxeron as abeleiras e axudáronnos a plantalas.

 

  

 

Ademais, tamén colaborou con nós neste día Yolanda, a mamá de Theo de Infantil e poetisa de vocación. Recitounos un poema titulado Natureza que realizou para este día e, Anduriña que forma parte do seu poemario. 

 

"A poesía é o eco da música da alma" Voltaire.

 

Moitas grazas!!!

ODS 13: Acción polo clima   ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O OSO DE SALCEDO

Ao día seguinte da visita do Oso, durante a hora de lectura, Enmanuel, papá de Jorge e participante en diversas actividades do Entroido de Salcedo dende hai moitos anos, acudiu ao cole a explicarnos un pouquiño máis a ampla e lonxeva tradición desta festividade na parroquia pertencente ao Concello da Pobra de Brollón. 

 

 

Non soamente nos falou da figura do Oso, senón que nos explicou a diversas tradicións que existen no Entroido de Salcedo como por exemplo, As Madamas e os Danzantes que saen o domingo de Entroido a danzar polas rúas. 

 

Ou o teatro que se realiza na noite do sábado e, que cada vez ten maior afluencia de público debido a diversión e entretemento que lle ofrece aos seus espectadorxs.

 

Ademais, tamén nos trouxo a máscara do Oso e dos seus criados para que todos a puideramos tocar e probar. Explicounos como están feitas as traxes de ambos, o primerio deles con lá de ovella e o dos segundos de sacos de patacas. 

   

   

 

Pareceunos moi interesante todo o que nos contou Enmanuel, a verdade é que descoñecíamos moitas das tradicións que existen ao noso arredor. Grazas tamén, as explicacións do noso compañeiro Jorge que estivo súper implicado! 

En definitiva, grazas por todo o que aprendimos nesta sesión tan enriquecedora! Quedounos claro o gran traballo e ilusión que existe detrás de toda esta festividade. 

VISITA DO OSO DE SALCEDO E OS SEUS CRIADOS

O pasado martes veu de visita ao noso cole o Oso de Salcedo con dous dos seus criados!!! Que sorpresa levamos ao velo aparecer no noso patio no tempo de lecer de despois do xantar!!!

Ao principio algúns asustámonos un pouco, pero ao final case todos acabamos acariciándoo e sacándonos fotos con el. Aquelxs alumnxs que non quixeron participar estiveron sentados nas gradas observando todo!

  

 

Xogou moito con nós!!! E deunos moitos abrazos!!!

  

 

Ao final, tanto o alumnado como os metres acabamos tiznados polas súas gadoupas.

 

 

Esta actividade puxo o "broche final" ao proxecto que estivemos a facer titulado O noso Entroido, que pensamos proseguir nos cursos sucesivos debido ao gran interese que despertou entre todxs nós. 

 

 

Queremos agradecerlle á Asociación Veciñal de Salcedo a posibilidade de ter o gran privilexio de que o Oso e mais os seus criados visitase o noso centro. E, en especial queremos agradecerlle a participación a Enmanuel, o papá de Jorge de Infantil, que fixo posible que toda esta idea se fixese realidade. 

 

 

Para nós, xa eres un Oso moi amoroso! Entre as voces ao saír do cole escoitábanse mensaxes como: "Foi o mellor día de cole"!!!!

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

 

 

PREPARAMOS OS AMORODOS NOSO HORTO ESCOLAR

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo a sacar as malas herbas da zona do horto na que temos plantados os amorados. Estaban todos cheos de herbas que lle impedían crecer máis. Así, que aproveitando este bo tempo dispuxémonos a deixar a zona limpa.

 

PRESS

 

Gústanos moito ir ao noso horto a aprender moitas cousas novas! Esperamos que crezcan e den moitos amorodos!

 

 

Agora é o turno de seguir traballando na aula. En 1º e 2º estudaremos o reino vexetal na materia de Ciencias da Natureza e na materia de Art pintaremos os bloques de formigón que rodean este espazo.

 

Ademais, dende a materia de Proxecto Competencial en 5º e 6º fixemos unha cartelería, empregando aplicación web de deseño Canva, sobre estas plantas e os seus froitos para colocar no horto.

 

Rufetes: PLANTAMOS FRESAS

 

CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE SOFÍA

O pasado venres día 15 viu a "Conto en familia", Almudena, a mamá de Sofía de Educación Infantil.

 

 

Contounos un conto súper divertido sobre o país das pantasmas, no que todo está en branco e negro. O libro é o seguinte: A pantasama colorida, de Gema García, con ilustracións de Rocío Pedreira da editorial Hércules. Nel relátase a historia dunha pequena pantasma moi especial que se ve tentada a pintar a súa localidade coa cor das flores.

 

 

 Almudena e Sofía trouxeron moitas flores de diversas cores para que cada un de nós pintásemos a nosa propia pantasma con elas, como acontecía no conto. Mirade como quedaron! Encantounos esta actividade!

 

 

 

 

Moitísimas grazas, Almudena, por traernos esta actividade tan divertida! Estamos desexando que volvas a compartir un ratiño con nós!

 

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

 

 

 

Distribuir contido