SAÍDA AO VIVEIRO "OS TROLLOS"

Este venres día 22 tivemos unha saída ao viveiro Os Trollos situado no noso Concello, co motivo da conmemoración do Día da Árbore.

 

Primeiro distribuíronnos en dos grupos: Educación Infantil e 1º de Primaria e, o outro de 2º a 6º de Primaria. A cada un de nós tocounos unha monitora diferente que nos axudou a realizar todas as actividades.

 

Comezamos realizando un hotel de insectos. Cada grupo realizou un, para colocar no noso centro á volta de Semana Santa.

 

 

 

A continuación, decoramos o noso propio colgante de madeira como recordatorio deste día.

 

 

 

 Cada un de nós plantou o seu propio carballo.

 

 

 

Logo, estivemos a descansar un poquiño mentres tomamos a merenda e, por último dirixímonos a outra zona para plantar dúas árbores no viveiro.

 

 

Ademais, a cada un de nós entregáronnos unha camiseta de recordo e unha casiña de paxaros para montar na casa.

 

 

Moitas grazas pola organización desta actividade ao GDR Ribeira Sacra Courel na que participamos máis de 600 alumnxs da contorna. Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos da natureza e pasámolo moi ben!