OBRADOIRO DE XABÓN NATURAL

O pasado venres día 5 de abril visitounos Elia, a mamá de Valentina de Infantil de Enzo de Primaria para ensinarnos a facer xabón natural.

Acudimos a zona verde do noso patio aproveitando o bo tempo e seguindo a recomendación de non facer xabón en lugares pechados.

 

En primeiro lugar, explicáronnos cales eran os ingredientes necesarios e os pasos a seguir.

 

 

Cada aula fixo o seu propio xabón empregando:

-Graxa

-Agua

-Deterxente en po

-Suavizante líquido

-Sosa (soamente manipulada polos adultos)

-Champú

Por grupos, fomos poñendo os diferentes ingredientes en cada cubo coa supervisión e guía dos nosos profes.

 

 

 

Observamos os materiais a empregar, como por exemplo a graxa.

   

 

Por último, cando a mezcla xa estaba espesa botámoslle un colorante azulado para darlle algo de cor. 

 

 

O proceso finalizou cando a mestura estaba totalmente homoxénea. Deixámola reposar durante un tempo para que se solidifiquen o suficiente como para cortala en pequenas porcións.

Este traballo irá destinado ao mercadiño solidario de Hospitaleiros sen fronteiras, ONG coa que colaboramos, para recadar fondos para axudar aos nenos do Senegal.

Moitas grazas a todas as familias que aportaron graxa para facer posible esta actividade e, en especial, a Elia pola axuda!