Skip to Content

E. Infantil, E. Primaria, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Por etapa

MERENDANDO CONTOS

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> Merendando contos

Mens sana in corpore sano.

Que importante é o alimento para o cerebro. E non hai nada mellor que merendas saudables no cole mentres podes ler os teus contos en galego favoritos.

Foi unha gran experiencia. Aos rapaces lles gustou moito, seguro que outro día repetimos.

E xa sabedes, podedes repetir na casa as merendas con contos, pero sempre merendas saudables. Nós tivemos: chocolate negro, pavo, queixo e froita variada: arandos, amorodos, plátano e mazá.

Non quedou nada

ANIVERSARIO DE LIAH 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> ANIVERSARIO DE LIAH 6ºB EI

Despois do concerto didáctico, FESTA!! Celebramos o aniversario da nosa compañeira Liah! Moitos parabéns, amiga!!

RUTAS URBANAS 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> RUTAS URBANAS 6ºB EI

Hoxe, xoves 18 de abril, participamos nas "Rutas Urbanas". Unha actividade que organiza o Concello, cuns monitores xeniais que fixeron que aprenderamos moitas cousas e o pasaramos xenial. Moitas grazas a todos!

Amosáronnos un "Museo ao aire libre" no que coñecemos a Daniel Carballo (a súa estatua), o palco da música, o Kiosco Alfonso, A Terraza, a estatua de Curros Enríquez. 

CONCERTO DIDÁCTICO 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> CONCERTO DIDÁCTICO 6ºB EI

Onte, mércores 18 de abril, acudimos ao Pazo da Ópera para participar nun concerto súper divertido:"DE AQUÍ PARA ALÁ". No que unha bolboreta nos levou polo Mundo para coñecer as músicas de distintos países acompañadas das emocións.

Distribuir contido


by Dr. Radut