Skip to Content

E. Infantil, E. Primaria, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Por etapa

ANIVERARIO DE DYLAN 4 ANOS

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> ANIVERSARIO DE DYLAN

Parabéns Dylan!

4 aniños festexados con tarta e gusanitos.

Non hai mellor forma.

PARABÉNS!

AULA EDUCAIXA DE 4º EP B

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> AULA EDUCAIXA

Como ben sabedes concedéronnos un premio de 5000€ para levar a cabo neste curso. O premio pertence á fundación la EduCaixa.

O obxectivo do proxecto é traballar a metacognición e o aprendizaxe autorregulado. Un traballo longo pero que dará os seus froitos.

Neste curso o estamos a traballar principalmente ca aula de 4ºB EP e cas aulas de educación infantil.

Mirade que bonita e acolledora quedou a aula de cuarto co seu recuncho para asembleas.

Nas colchonetas os rapaces poden compartir as súas preocupacións polas aprendizaxes ou outras problemáticas. É unha zona para falar e escoitarse.

Ademais como novidade tamén dispoñen dun plan colectivo no que o alumnado que destaque pola súa implicación ese mes recibe un agasallo moi importante relacionado co proxecto anual do cole, que será?

Pista: A eles e as súas familias lles encanta.

E por suposto un plan individual, onde teñen que reflectir os seus obxectivos escolares, tanto eles como as súas familias, e despois deben valoralos.

Botade un ollo!

ANIVERSARIO DE VÍCTOR!

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Parabéns Víctor

Hoxe é Víctor quen cumpre 4 primaveras! E convidounos a un rico biscoito para celebralo ! Moitos parabéns!

XOGA, XOGA E XOGA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Xogamos

Sabías que?

Os nenos/as aprenden xogando, e no cole aprendemos moito porque xogamos con materiais moi diferentes e atractivos.

Mirade que forma máis sinxela e divertida de aprender, con xogos de mesa xigantes, manualidades, ou a mesa de luz.

Pois iso, a XOGAR!

Distribuir contido


by Dr. Radut