Skip to Content

Prom. 2018

6º A DE E.I. 2º TRIMESTRE II

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> 6º A DE E.I. 2º TRIMESTRE II

Rematado o segundo trimestre deste curso escolar, lembramos as actividades máis importantes do mesmo.

Tras o entroido, Mathías e Sockona, uníronse ao grupo dos "maiores", polo seu sexto cumpleanos.

Un grupo de alumnos das aulas de sexto de EI participaron nun concurso matemático, ao que acudiron nenos e neas de distintos centros. Foi unha experiencia chea de emoción e nervios, que repetiremos en vindeiras edicións, xa que resultou moi enriquecedora para alumnos e profesores. 

Tamén neste trimestre, visitamos a Fundación María José Jove e a biblioteca do Ágora, onde nos achegamos ao mundo do arte e da literatura desde unha perspectiva adaptada aos nenos desta idade. 

O mes de marzo iníciase coa celebración do Día da Muller. Esta semana dedicámola a conversar sobre o motivo de dita celebración, e as nenas do aula, que serán as mulleres do futuro, convertíronse en protagonistas imprescindibles.

VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE 6ºB EI

Na visita ao museo da Fundación María José Jove vimos e interactuamos con distintas obras de arte. Foi moi divertido e pasámolo moi ben!

ANIVERSARIO DE CRISLEY 6º B EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> ANIVERSARIO DE CRISLEY 6ºB EI

Onte foi o aniversario da nosa compañeira Crisley e, hoxe, quixo compartir unha merenda especial con todos nós.

Parabéns, Crisley!!!

MATHS CHAMPIONS 6º B EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> MATHS CHAMPIONS 6ºB EI

Hoxe, venres 1 de marzo, unha representación do alumnado de 5 anos de infantil participou nun concurso de matemáticas no colexio Montespiño.

Recibíronnos xenial, traballamos en equipo como auténticos campións matemáticos, xantamos no seu comedor e pasámolo xenial!

Animamos ao alumnado que estea o vindeiro curso en 6º de infantil a que participen porque é unha experiencia xenial!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut