Skip to Content

Prom. 2018

A CURMÁ DE IYAYI CONTOUNOS UN CONTO 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> FAMILIAS NA AULA DE 6ºB EI (3)

Hoxe, mércores, tivemos a sorte de que a curmá de Iyayi viñera a contarnos un conto no que os esquíos e os caracois xogaban ao fútbol. Estivo moi divertido!!

Moitas grazas, Laura!!!

FAMILIAS NA AULA DE 6ºB EI (2)

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> FAMILIAS NA AULA DE 6ºB EI (2)

Seguimos cos contos dos pais e nais do alumnado de 6ºB EI. Nesta ocasión contamos coa mamá de Dilan (venres 3) cun conto tradicional da literatura infantil hispana.

O luns 6 contamos co papá de Mouhamed que nos contou unha historia tradicional africana titulada Por que os cans viven co home.

Foron fantásticos e quedan as portas abertas para aqueles que queiran participar ou repetir unha segunda vez.

MURAL PARA O CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

O grupo naturalista Hábitar e Coawa convocaron un concurso para elaborar un mural coa flora e fauna da presa de Cecebre. As aulas de 6º de infantil apuntámonos e estamos á espera da resolución do xurado.

Desexádenos moita sorte!!

CICLO DOS VERMES DE SEDA 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> VERMES DE SEDA 6ºB EI

No mes de marzo empezaron a nacer os oviños que puxeran as bolboretas a finais do curso pasado. Así empezou o novo ciclo biolóxico destes bichiños.

Alimentámolos coas follas da nosa moreira porque non comen outra cousa. Medran moi rápido e agora, despois de encerrarse nas súas casiñas nas que se producirá un proceso máxico, estamos agardando a que saian eses vermes transformados en bolboretas e que poñan ovos, de novo, para poder coidalos o vindeiro curso.

Desta vez temos pensado facer un traballo especial cos capullos. A ver se nos queda chulo.

Distribuir contido


by Dr. Radut