Skip to Content

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

Documentación necesaria

  • Copia do DNI/NIE/pasaporte das persoas proxenitoras.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia/DNI/partida de nacemento).
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

Prazos (de 9:30 a 13:30 horas)

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo a 11 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

23F: ROSALÍA DE CASTRO

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> DÍA DE ROSALÍA 2024

O 23 de febreiro está de aniversario Rosalía de Castro, e no cole nunca esquecemos festexalo como se merece.

Este ano coñecemos o famoso caldo de gloria, que é e por que o comía tan a miúdo...

Disfrutade ca reportaxe e FELIZ DÍA DE ROSALÍA.

ENTROIDO 2024

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> ENTROIDO 2024

O día de hoxe saíunos de cine!

Ducias de disfraces lembráronnos as películas que nos fan rir, chorar, soñar...

OS MANDADIÑOS DE RAQUELIÑA

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> OS MANDADIÑOS DE RAQUELIÑA 2024

Familias, xa está aquí o Entroido!

E este ano con moitas e divertidas novidades.

Moi atentos a Raqueliña...

Quentando motores en 3....2.....1......FESTA!

Distribuir contido


by Dr. Radut