Admisión 2018-2019


7. PRAZO DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. 20 A 30 DE XUÑO.
 

O alumnado admitido ou asignado pola comisión de escolarización deberá facer a matrícula do 20 ao 30 xuño. O non facelo implicará a perda da praza.

A documentación poderá descargarse nesta web ou recollerse na secretaría do centro a partir do 15 de xuño.

6. LISTAXES DEFINITIVAS NOS NIVEIS BAREMADOS. 14 DE MAIO.
 

Reclamacións: Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial. Prazo: un mes.

5. LISTAXES PROVISIONAIS NOS NIVEIS A BAREMAR. PUBLICACIÓN 10 DE ABRIL
  De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.
A respecto da baremación, poderase formular reclamación ante o consello escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (11 a 16 de abril).
Nos niveis con máis solicitudes que vacantes, o campo “Admitido/a “ aparece provisionalmente como “ Non” ata a publicación das listaxes definitivas.
4. OFERTA DE PRAZAS 2018-2019. SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO.

Horario de oficina durante o proceso: de luns a venres desde as 09:00h a 14:00h, e os martes e xoves de 16:00h a 18:00h.

NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 75 9 75 86
5º EI (4 ANOS) 3   3 2
6º EI (5 ANOS) 0 0 2
1º EP 3 3 3 5
2º EP 0       0 2
3º EP 0 0 -
4º EP 0 0 5
5º EP 0 0 4
6º EP 0 0 1
TOTAL 81
12 81 107

* Reserva obrigatoria de prazas a alumnado con NEAE que serían adxudicadas por parte da Comisión de Escolarización. De non existiren solicitudes adxudicaríanse de xeito ordinario.

3. RESOLUCIÓN DEFINITIVA. ALUMNADO ADMITIDO NO IES ROSALÍA DE CASTRO.
 
  • RELACIÓN DE ALUMNADO COA RESERVA REALIZADA.
2. LEXISLACIÓN, AVISOS E INFORMACIÓN XERAL.




SERVIZOS COMPLEMENTARIOS XESTIONADOS POLA ANPA
1. CALENDARIO DO PROCESO E PRAZOS.
  • DESEMPATE. 27 DE FEBREIRO. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado na Sala de Xuntas da Consellería de C.e O.U.
  • RESULTADO: ZT__ CJ__
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro.
  • PORTAS ABERTAS. Xornada de portas abertas. 8 de marzo ás 17:00 no salón de actos. Informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
  • SOLICITUDES. 1 a 20 de MARZO. Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo)
  • En todos os casos a instancia deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.
  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes.  23 de marzo a 6 de abril. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes).
  • MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnado admitido.