Comedor escolar 18-19


 

Esta asociación organiza o servicio de comedor escolar, que funciona os días lectivos en locais cedidos polo colexio. A comida é servida pola empresa de catering Ruta Jacobea. Os nenos son atendidos por monitores durante dúas horas tralo remate das clases (de 14 a 16 horas). Despois da comida (ou antes) os nenos xogan nos patios do colexio e sala de usos múltiples. Os detalles sobre a inscrición, admisión, normas de funcionamento, etc., poden consultarse no regulamento de funcionamento do comedor. Calquera alumno/a pode inscribirse fóra do prazo de inscrición se houbese prazas libres. A encargada do servicio de comedor é Ana Martínez López. Os prezos por mes para os usuarios fixos durante o curso 2018/19 son:

  • 86 € por alumno/a mensual para os fixos diarios.
  • 71 € por alumno/a mensual para os fixos de 4 días.
  • 54€ por alumno/a mensual para os fixos de 3 días.
  • 38 € por alumno/a mensual para os fixos de 2 días.
  • 22 € por alumno/a mensual para os fixos de 1 día €.
  • 7€ por alumno/a día esporádico.