Publicada a Orde que regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.pdf
O ALUMNADO QUE RECIBIU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR RECIBIRÁ AS MÁSCARAS DIRECTAMENTE SEN NECESIDADE DE FORMULAR SOLICITUDE ALGUNHA.
Quen máis podería solicitar esta axuda para as máscaras?
-
As persoas que non foron beneficiarias da axuda para material escolar cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
-
Alumnado matriculado en Educación Especial.
-
Alumnado tutelado pola Xunta de Galicia.
-
Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da unidade familiar.
En caso de ser máis dun fillo/a, cubrirase unha solicitude única.
Prazo de entrega das solicitudes ata o 26 de novembro.
Como se pode presentar?
No cole ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (CHAVE 365; código de procedemento ED330E).
No documento adxunto atoparedes o impreso para cubrir ou solicitalo en Secretaría.
No caso de xa ter aportada esa documentación cando se solicitou a axuda para material escolar para o curso 2021/2022, non será preciso aportala.