A Secretaría Xeral de Igualdade convocou o IV Concurso de carteis e videos contra a Violencia de Xénero no que podían participar centros educativos de toda Galicia en tres categorías.
No noso cole cinco grupos de 5º e 6º de Primaria confeccionaron distintas obras de arte. Despois dunha reñida votación (porque só se podía enviar un) o traballo elexido para o concurso foi "TRATA COMO QUEIRAS QUE CHE TRATEN" creado por Sara, Manu, Yannira, Noe, Roi, Tania e Paula de 6º que acadou o 2º Premio Audiovisual da súa categoría.
O venres 25 de Novembro foron recoller o seu premio e participaron, xunto con outros centros de ensino, no minuto de silencio polas vítimas desta lacra.
O que temos moi claro é que:
NO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
Pica na imaxe para ver todos os traballos do noso cole.