Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actividades de centro

COSER E CANTAR

O pasado Xoves, dentro do programa Lectura e Familias no que participa o cole, reunímonos cunha actividade moi especial. Noca e Concha, dúas costureiras goianesas, contáronnos como chegaron á costura, Lemos añaquiños de "Diario de una bordadora" de Srta Lylo, falamos, cosemos e gozamos dunha tarde marabillosa na Biblio do cole.

8 de marzo do 2024: MAGDALENA

Por ti e por todas as mulleres.

 


Magdalena - Kizoa Movie Maker

8M: DÍA DA MULLER

Este ano polo Día da Muller homenaxeamos a unha muller importante para o noso cole, unha traballadora e conversadora incansable: MAGDALENA MATÍAS, a primeira limpadora do centro.


8M2024:MAGDALENA - Kizoa Movie Maker

ROSALÍA

Este ano para conmemorar o día de Rosalía fixemos un concurso de fotografía : “Que é para ti Rosalía?”.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración , tamén ao noso xurado.

 


Rosalía 2024 - Kizoa Movie Maker

ENTROIDO

Aínda que o tempo non acompañou, tivemos a nosa celebración do Entroido, fixemos o noso desfile, cantamos as coplas, tivemos merendola e a master class de Zumba con Nuria Gómez. E non podía faltar a foto de grupo.

Desfrutádeo...


Entroido 2024 - Kizoa Movie Maker
 

 As coplas de cada un dos cursos podedes escoitalas e lelas a continuación: 

 

   
  
     
 
 
  
 

DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o día da paz realizando unha búsqueda do tesouro. Traballando en equipo, buscando as pistas...ata atopar o tesouro final. Na Procura Da Paz.


DIA DA PAZ - Kizoa Movie Maker

Semana de Entroido

Bo día familias, dado que o entroido está a chegar, as ordes do Entruidón deberedes ollar: 

 

O venres 9 de febreiro, se o tempo acompaña, realizaremos o pasarúas a partires das 10:30h. da mañá. En caso de choiva a festa de foliada será no centro educativo únicamente para o alumnado e profesorado do centro.

 

Entroido e sombreiros loucos

Bo día familias!

 

Para este entroido (además do entruidón, que coma todos os anos faranos revolver nos caixóns para ir vestido con algo distinto cada día), disfrazarémonos este venres 9 de febreiro usando un sombreiro louco como complemento.

Iso sí, o sombreiro louco deberá estar feito con material de refugallo e cousas que teñamos por casa, nada de comprar materiais nin purpurinas.

E para explicárnolo un pouco máis en profundidade, quen mellor que este tolo personaxe?

NA PROCURA DA PAZ

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: QUE É PARA TI ROSALÍA DE CASTRO?

Estimadas familias, con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, o equipo de dinamización de biblioteca do centro organizou un concurso de fotografía sobre dita autora. A continuación podedes ver as bases do concurso facendo clic na imaxe creada por Irene Silva:

Animádevos a participar!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut