Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actividades de centro

FESTA DE INVERNO

Nesta festa de Inverno, tivemos dende Obradoiros de Nadal,a nosa primeira carreira de San Silvestre e cómo non podía ser menos a Merendola e a nosa despedida do ano. Moitas Grazas a todos e todas polo Traballo.


Festa Inverno 23 - Kizoa Movie Maker

Obradoiro Musical

Onte tivemos un obradoiro marabilloso no centro Goianés co grupo de música tradicional ArrancaXestas. Que ben bailaron os nenxs e que ben o pasaron.

 


Centro Goianés - Kizoa Movie Maker

Saída Do Coro

Onte tivemos a saida do Coro , visitamos as Residencias e a Galiña azul. Aquí tedes as nosas Actuacións, desfrutade!

 





 
 
 

NON É NON

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o CEIP Pintor Antonio Fernández "Únese contra a violencia!"

 (Fai click na imaxe)
 
 
 
Grazas familias por colaborar coa vestimenta morada!
 
NON É NON
 

BIBLIO CABANA

Que marabilla o novo recuncho que temos no patio. Gustounos moito!!!. Agradecemos á AFA por botar unha man no acondicionamento e ás Comisións de Entroido e dos Remedios e ao Grupo San Roquiño polos agasallos.

 

BIBLIO CABANA - Kizoa Movie Maker

Samaín 23-24

Aquí tedes unha mostra da celebración do Samaín no centro, ademáis do concurso de Calacús.Esperamos que o desfrutedes igual que fixemos nós.

Samain 23 24 - Kizoa Movie Maker

Magosto 23-24

Ainda que non tivemos un bo día, celebramos o magosto! que ricas estaban as castañas.

 

 

   

"Residuos 0"

O centro educativo levará a cabo o proxecto de "Residuos 0" ao longo do curso 2023-2024. Esperamos  vosa colaboración e apoio para poder conseguir o obxectivo.

Teatro: "A máquina do tempo"

O martes pasado o equipo docente de Educación Infantil tivemos a gran sorte de recibir o Premio do Certamen do Cooperativismo no Ensino da man de Farrah Lisa, subdirectora xeral de Economía Social. 

O traballo presentado podedes velo no seguinte vídeo: "O Clan dos superheroes e heroínas"

 

 
 
Todo o alumnado e profesorado puido gozar da obra "A máquina do tempo" a cargo da compañía Ghazafelhos, premio que recibimos polo recoñecemento do noso traballo. 
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Foi unha obra moi interactiva, didáctica e divertida. 
 
 
 
 
 
 
 

PEQUETURONIA

Este ano o Pequeturonia consistiu nunha andaina ata o Espazo Fortaleza, alí bailamos con Nuria que nos deu unha sesión de Zumba moi divertida e animada. Aquí vos quedan unhas imaxes.

 

 

 
 
Tamén tivemos tempo para xogar no parque, merendar e tomar algo de Sandía e Melón para refrixerar, e baixar a temperatura. 
 
 
 
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut