Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Música

SAÚDE E CANTE O MELRO EN GOIÁN E FIGUEIRÓ

Na clase de Música adaptamos a canción

"SAÚDE E CANTE O MELRO" 

a Goián e Figueiró e contamos coa marabillosa colaboración da Agrupación Musical de Goián a quen estamos enormemente agradecidas.

Non podemos esquecer o compromiso e a grandísima axuda de Ana, Andrés e Adrián, nai e pais de nenos deste cole, e a Lucas, que nos botaron tadas as mans que puideron para que este video fose posible.

A participación dos nenos e as nenas foi EXCEPCIONAL!!!! e non podemos estar máis que orgullosas de todos e todas elas. 

Toda a Comunidade Educativa:persoal docente e non docente, ANPA e  nenos e nenas

do CEIP Pintor Antonio Fernández

desexamos que o 2022 veña

cheo de boas vibracións!!!!

BOAS FESTAS!!!!!


 

 

Botamos un baile?

A música é ledicia, emoción, tranquilidade... O alumnado de 3º e 4º de Primaria deléitannos co seu bo facer musical polo que vos convidamos a gozar e a danzar!!!!

PREMEDE NA IMAXE

E PARA IR REMATANDO...

                               Semana do 8 de xuño de 2020

Pouco a pouco este curso remata e pronto chegarán as tan agardadas vacacións! Hoxe quero deixarvos aquí unha canción moi especial, en linguaxe de signos, que algúns e algunhas xa coñecedes.

Espero que a disfrutedes moitísimo e esteades máis CHEOS E CHEAS DE VIDA CA NUNCA!!

 

MODIFICACIÓN DA PUBLICACIÓN ANTERIOR

                                                              Semana do 1 de xuño de 2020

Aquí vos deixo, agora si, o vídeo-resumo DEFINITIVO da proposta do xoguete musical!! Tiven un despiste e non incluín unha fotografía! Triste 

Espero que vos guste moito!! Sorriso

VÍDEO-RESUMO DO XOGUETE MUSICAL

                                                                            Semana do 1 de xuño de 2020

Lembrádesvos da proposta na que tiñamos que experimentar cunhas herbas que producían son?

Pois aquí vos deixo un vídeo-resume de todas as participacións! É xenial recibir cousiñas como as que veredes neste vídeo! Moitísimas grazas por participar!!

Espero que vos guste!! Guiño

VACAS DE VERÁN??

                                                                                   Semana do 1 de xuño de 2020

Ola a tod@s!

Pouco a pouco estamos chegando a este remate de curso tan raro... xa estamos en XUÑO!! Hoxe déixovos por aquí unha canción da madriña da aula de música, UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, que trata sobre as vacacións de verán!

Espero que vos guste moito e a disfrutedes bailando, cantando e/ou tocando!

 

UN BAILE!

                                              Semana do 25 de maio de 2020

Moi importante moverse!! Aquí vai un vídeo dun baile moi movido e divertido! Sorriso

I WANT TO BREAK FREE!!!

                                                    Semana do 25 de maio de 2020

Lembrádesvos do baile super preparado que tiñan as profes e o profe Pablo no entroido? Que foron disfrazad@s de Freddie Mercury e bailaron coas aspiradoras?

Pois aquí vos deixo a canción que bailaron, pero dun xeito diferente. Só precisades un boli, lapis, cera ou rotulador e estar moi atentos ao ritmo que aparece!! Seguro que vos mola moito!! Risa

Para esta calor... VASOS!!

                                                     Semana do 25 de maio de 2020

E pensando na calor que vai, entre grolo e grolo... aquí vos deixo dous vídeos para facer ritmos con vasos. Un deles seguro que lles soa de algo aos nenos e nenas de 3º e 4º... Guiño 

Espero que vos gusten!

            

CUESTIÓN DE MATICES!

                                            Semana do 25 de maio de 2020

Como xa sabedes, a música non soa sempre coa mesma intensidade: ás veces soa máis forte e outras veces máis suave. En música, cando algo soa forte dicimos que é FORTE ("F") e cando algo soa máis suave dicimos que é PIANO ("P"), pero non o PIANO de instrumento eh!! Eses son os MATICES! Aínda que hai máis, eses dous son os máis coñecidos.

Velaquí vai un pequeno vídeo no que os poderedes escoitar!

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut