Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Proxectos do centro

Proxectos no que participa o centro ao longo do curso escolar.

PROGRAMA DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS OBSERVA_ACCIÓN

Programa Observa-acción | CEIP XUNQUEIRA 2

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Os obxectivos deste programa son:

1.Favorecer o intercambio de boas prácticas e a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos participantes.

2.Facilitar ao profesorado e aos membros dos equipos directivos a posibilidade de observar de forma directa outras metodoloxías, enfoques didácticos ou modelos de organización.

3.Potenciar o traballo conxunto entre os centros educativos

O CEIP Pintor Antonio Fernández participa neste proxecto co centro emparellado CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados.

O pasado 15 de marzo o profesorado do noso centro foi de visita ao CEIP Enrique Barreiro Piñeiro para coñecer as súas intalacións, observar o desenvolvemento das sesións de ensino-aprendizaxe, así como realizar unha reflexión conxunta sobre as impresións xeradas ao longo deste proceso de observación.

  Profesorado de ambos colexios.    

  Agasallo de benvida.

Na primeira semana de abril, o CEIP Pintor Antonio Fernández recibiu as persoas observadoras de Cambados, visionaron a dinámica do centro, coñeceron as súas instalacións e a contorna, participaron en dinámicas cooperativas entre o profesorado, vivenciaron a intervención da orientadora, e a experimentaron obradoiros internivelares e a libre circulación na Educación Infantil.

Seguindo o mesmo esquema que na outra visita, pola tarde, reflexionouse sobre o observado e propuséronse melloras aos aspectos mencionados.  

PLANS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO

Queremos compartir con vós información sobre o Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se está a desenvolver ao longo deste curso.

A gran maioría do profesorado está a participar neste proxecto de formación que ten tres líneas:

  • Dislexia e detección de dificultades de aprendizaxe
  • O Polo Creativo no CEIP Pintor Antonio Fernández.
  • Xestión de grupos.

Grazas a este Proxecto dividímonos en tres grupos de traballo para recibir formación externa, facemos reunións colaborativas para desenvolver o traballo e estase pondo en práctica o aprendido. 

Grazas pola vosa colaboración.

LECTURA E FAMILIAS

lf

O Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares incide nesta liña co desenvolvemento de novos ámbitos de actuación para este período centrados en reforzar o deseño de máis e mellores experiencias de lectura destinadas a todos os integrantes da comunidade escolar, e fomentar así a implicación das familias na formación das novas lectoras e dos novos lectores. Trátase de promover desde a biblioteca escolar capacidades e actitudes relacionadas coa lectura e a comprensión lectora, o pracer da lectura e a lectura por pracer, así como a lectura para aprender e para informarse, con implicación de toda a comunidade educativa, e facilitar a disposición, comunicación e difusión de textos de ficción e de información en múltiples formatos e soportes, que permitan ao alumnado o desenvolvemento da competencia lectora e escritora ademais da súa educación literaria.

CLUB DE LECTURA

cl

Os clubs de lectura son, na actualidade, grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas das que forman parte, e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, pero tamén son espazos de convivencia e de educación cidadá. Son estes grupos os primeiros en incorporarse á lectura dixital co uso dos novos dispositivos de lectura, e levan tempo integrando as tecnoloxías da comunicación e da información de forma natural nas súas actividades (blogues, vídeos, booktrailers, redes sociais, presentacións etc.). 

Neste curso levarase a cabo co alumnado de terceiro ciclo de primaria.

CONTRATOS PROXECTA +

Proxecta

 

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, ciudadanía mundial, etc.

Ao logo deste curso participaremos no programa XOGADE, Milla Diaria e Proxectos da vida activa e diaria (PVAD).

CONTRATOS-PROGRAMA

CP inclúe - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (en adiante CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan  a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa, co fin de acadar o máximo desenvolvemento da personalidade e das potencialidades do alumnado contribuíndo, deste xeito, á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

2. IGUÁLA-T.

A educación é clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. Os centros educativos desempeñan un importante papel no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolles a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

3. CONVIVE-T.

A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.

4. INCLÚE-T

Falar de inclusión educativa supón identificar, eliminar ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe no centro ou na aula. Unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades e responsabilidades sociais, traballando en colaboración coas familias e outros membros da comunidade.

5. EMOCIÓNA-T

Trátase dunha actuación necesaria, debido os efectos da pandemia,para poñer en valor a importancia e repercusión das aprendizaxes non cognitivas (emocionais) para o benestar e o progreso social, coa vontade de optimizar a calidade educativa como un sinal permanente nos contextos escolares.

 

Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar la innovación educativa  en los centros docentes públicos para el curso 2021/22 | Consellería de  Cultura, Educación y Universidad

 

A iniciativa de Contratos-Programa Innova (CPInnova) trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.

Sendo así, e para avanzar na traxectoria vinculada ao logro do éxito educativo emprendida en cursos anteriores e seguir reforzando a autonomía dos centros, é necesario establecer unha nova convocatoria de Contratos-Programa centrada na innovación que, aproveitando a experiencia acumulada, facilite a posta en marcha de plans específicos de mellora deseñados polos propios centros para o éxito escolar do seu alumnado.

Ao longo deste curso traballaremos en torno a:

  • O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables. (EDUsaúde)
  • O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

 

VOZ NATURA

Voznatura

Voz Natura é o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Desde a súa posta en marcha, os equipos participantes -integrados por estudantes e profesores- executaron máis de 6.000 proxectos por toda a xeografía galega. Para iso, contan co asesoramento dun comité científico que, ao final da edición, recoñece os mellores traballos coa concesión do gran premio Galicia, os galardóns provinciais e o recoñecemento ao mellor proxecto infantil.

Para pór en valor o traballo do profesorado, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, recoñece a coordinación dun proxecto Voz Natura como unha actividade de innovación educativa, co seu correspondente equivalencia como formación permanente do profesorado.

 

"Residuos 0"

O centro educativo levará a cabo o proxecto de "Residuos 0" ao longo do curso 2023-2024. Esperamos  vosa colaboración e apoio para poder conseguir o obxectivo.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut