Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Trotamundos

COSER E CANTAR

O pasado Xoves, dentro do programa Lectura e Familias no que participa o cole, reunímonos cunha actividade moi especial. Noca e Concha, dúas costureiras goianesas, contáronnos como chegaron á costura, Lemos añaquiños de "Diario de una bordadora" de Srta Lylo, falamos, cosemos e gozamos dunha tarde marabillosa na Biblio do cole.

Lecturas e Familias

 

Preme na imaxe para mais información.

BIBLIO CABANA

Que marabilla o novo recuncho que temos no patio. Gustounos moito!!!. Agradecemos á AFA por botar unha man no acondicionamento e ás Comisións de Entroido e dos Remedios e ao Grupo San Roquiño polos agasallos.

 


BIBLIO CABANA - Kizoa Movie Maker

Presentación do profesorado e alumnado

O alumnado das nosas aulas recibiu unha carta de Trotamundos, despois de viaxar todo o verán cando chegou atopouse unha sorpresa! E fíxonos chegar esta mensaxe:

 

 

Así luce a fachada da entrada á escola 

 

 

Todo o profesorado animámosvos a personalizar unha tapa dunha caixa de zapatos (tamaño neno/a), porlle unha pequena corda, fío ou tanza polo lateral que se vaia colgar e traela a escola antes do 2 de outubro.

 

 

COMICATURA

Nesta terceira sesión de Lectura e Familias realizouse un obradoiro liderado por 4 alumnas de 6º de Primaria, na que compartiron as súas experiencias como caricaturistas con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as súas familias. Grazas a todos e todas pola vosa asistencia e participación. Sen o voso apoio non sería posible estas sesións.

Moitísimas grazas tanto a Mirta por animar ao seu alumnado a este tipo de iniciativas como a Emma, Iria, Jenni e Candela por animarse a liderar o obradoiro que o fixeron xenial.

"Escola de mulleres" de Inma López Silva

O venres 9 de xuño foi a  habitual e última xuntanza do curso dos clubs de lectura do CPI Manuel Suárez Marquier, do IES Antón Alonso Ríos e o "Chocolate con libros" do CEIP Pintor Antonio Fernández .

A cita, na  biblioteca do noso cole.

A autora convidada, Inma López Silva con quen pasamos unha agradabilísima sesión falando da súa "Escola de mulleres".

Mulleres na biblioteca do cole falando doutra muller, Gloria.

Que teñades moi boas lecturas e ata o vindeiro curso!!!!!

 

 

Lectura e Familias

Lendas na Lareira

Trotamundos trouxonos unhas lendas da zona de Goian que espertou a curiosidade dos espectadores... " A señora da Torre",  "Santacompaña"....

 

 

  

Mais tarde, divertímonos con xogos tradicionais... 

 Moitas grazas por participar.

Contacontos da Lareira

Novas na bibioteca!!!

Trotamundos, a mascota da biblioteca, convídavos a vir á 2ª sesión de Contacontos da Lareira, que versará sobre as "Lendas de Goián", destinada a familias xunto co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Será o 29 de maio, ás 17:15h. Animádevos a vir, ao rematar haberá xogos tradicionais e de auga!!!

 

Grazas pola acollida

Este xoves 27 de abril inaugurouse a lareira da biblioteca enmarcada no proxecto "Lecturas e Familias" cun conto adicado a educación infanti e primeiro ciclo de primaria.  Queremos darvos as grazas por a boísima acollida que tivo. Esperamos contar con vos nas vindeiras sesións.

 

 

 

 

 Unha aperta do lobo.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
by Dr. Radut