Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

CONTRATOS-PROGRAMA

CP inclúe - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (en adiante CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan  a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa, co fin de acadar o máximo desenvolvemento da personalidade e das potencialidades do alumnado contribuíndo, deste xeito, á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

2. IGUÁLA-T.

A educación é clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. Os centros educativos desempeñan un importante papel no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolles a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

3. CONVIVE-T.

A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.

4. INCLÚE-T

Falar de inclusión educativa supón identificar, eliminar ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe no centro ou na aula. Unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades e responsabilidades sociais, traballando en colaboración coas familias e outros membros da comunidade.

5. EMOCIÓNA-T

Trátase dunha actuación necesaria, debido os efectos da pandemia,para poñer en valor a importancia e repercusión das aprendizaxes non cognitivas (emocionais) para o benestar e o progreso social, coa vontade de optimizar a calidade educativa como un sinal permanente nos contextos escolares.

 

Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar la innovación educativa  en los centros docentes públicos para el curso 2021/22 | Consellería de  Cultura, Educación y Universidad

 

A iniciativa de Contratos-Programa Innova (CPInnova) trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.

Sendo así, e para avanzar na traxectoria vinculada ao logro do éxito educativo emprendida en cursos anteriores e seguir reforzando a autonomía dos centros, é necesario establecer unha nova convocatoria de Contratos-Programa centrada na innovación que, aproveitando a experiencia acumulada, facilite a posta en marcha de plans específicos de mellora deseñados polos propios centros para o éxito escolar do seu alumnado.

Ao longo deste curso traballaremos en torno a:

  • O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables. (EDUsaúde)
  • O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

 



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
page | by Dr. Radut