Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Música

CON RITMO!! (a partir de 3º EP)

Ola rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º!!                                                Semana do 04 de maio de 2020

Aquí quedan dous vídeos para poñer a proba o voso ritmo!! Aconséllovos que comecedes polo primeiro (o da esquerda), e logo xa o segundo. 

Ánimo!

PARA NON PERDER O COMPÁS... (para 5º e 6º EP)

Ola rapazada de 5º e 6º!                                                         Semana do 04 de maio de 2020

Aquí vos deixo un par de vídeos para repasar os compases. Un deles tamén ten lectura musical! O outro é de Jaime Altozano, un youtuber que me encanta!!

Ánimo!


 

Unha idea...

Se vos animades a facer a PROPOSTA MUSICAL PARA TODOS OS PÚBLICOS que vos propuxen hai un par de días (podedes vela debaixo desta publicación), pero resulta que non se vos ocorren ideas de que facer nela... Premede AQUÍ e veredes un vídeo onde xa vos dan unha fantástica idea!

 

PROPOSTA MUSICAL PARA TODOS OS PÚBLICOS!

Ola a tod@s!

Aquí vos deixo un vídeo no que vos explico a proposta musical para o que queda de mes de abril. Non vos asustedes pola duración, pois non todo o vídeo é explicación, hai tamén unha sorpresiña! Aínda que sexa voluntario, anímovos a que a fagades e ma enviedes á seguinte dirección: musicacolegoian@gmail.com  

Na proposta váisevos pedir que fagades un vídeo (xa veredes sobre que...). Por favor, DURACIÓN MÁXIMA de 1 MINUTO!

Aproveito a publicación para agradecervos ás familias todo o traballo que estades realizando c@s cativ@s, botándonos unha man dende as casas! 

Moito ánimo! Que xa queda menos do que quedaba!

 

UXÍA LAMBONA, CONFINADA E BAILONGA!!!!!

A nosa madriña da Aula de Música, Uxía Lambona, tamén está na casa e nos envía toda a súa enerxía musical!!!!! Se queredes acompañar a nosa madriña e a súa Banda Molona, premede en cantar e bailar e o faredes  coma tolas e tolos !!!!!!

 

ATENCIÓN!! DÚAS NOVAS SUXERENCIAS PARA TÓDOLOS PÚBLICOS!

Ola olaa!!

Ademais das suxerencias por cursos que fun subindo ao longo da semana pasada, aquí vos deixo dúas ideas interesantes!

Moito ánimo! Que xa queda menos!

A primeira: un enlace a música infantil da Radio Galega http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

A segunda: se algunha das persoas que convive na casa ten conta en Instagram, e queredes desconectar e disfrutar dun momento musical agradable.... Só tedes que seguir nesta rede a "Uxía Lambona e a Banda Molona" porque este martes 24 ás 16.45h ofrecerán un concerto gratuíto e en directo a través de Instagram!

SUXERENCIAS MUSICAIS PARA O ALUMNADO DE 6º

Estimadas familias, querido alumnado!

Aquí vos deixo unha serie de propostas para que sigades aprendendo e repasando música dende as vosas casas! Aínda que pareza que son moitas actividades, en realidade non son longas, e creo que bastante interesantes!

Moito ánimo nesta etapa! Lévase mellor con algo de música!

Para calquer consulta, dúbida ou suxerencia, podedes mandarme un correo á seguinte dirección: evamaria.fernandez.gonzalez@edu.xunta.es

 

1- Se lembrades, en clase estivemos falando de Vivaldi (o compositor das Catro Estacións) e de Bach (o compositor de música de órgano que “dicía” o seu nome nas súas pezas, como fan algúns e algunhas cantantes actuais, pero dun xeito diferente). Pois ben, aquí vos deixo tres enlaces para que coñezades algo máis a Mozart, a Beethoven e a Chopin. O último enlace, o de Chopin, é máis longo e emprega nalgunha parte un vocabulario máis “técnico”, pero non vos preocupedes porque é bastante ameno e creo que moi interesante nestes días.

 

MOZART: https://www.youtube.com/watch?v=F_5BS2c6Bt4

BEETHOVEN: https://www.youtube.com/watch?v=TU8jAhH_pB4

CHOPIN: https://www.youtube.com/watch?v=-5b4E1OIE5w

 

2- Por suposto, non nos podemos esquecer dos instrumentos e das súas familias. Aquí vos deixo un enlace do youtuber que xa coñecemos: https://www.youtube.com/watch?v=RHAklmqlvRI

 

3- E para practicar o anterior… ide ao seguinte enlace e clicade en: “Actividades LIM Clasificación tradicional” https://www.mariajesusmusica.com/los-instrumentos-musicales.html

 

4- Ademais, para repasar as notas, figuras e compases, propóñovos o seguinte enlace: https://www.mariajesusmusica.com/lenguaje-musical.html Nel, recomendo os 4 seguintes apartados:

 

- “veo veo”.

- las figuras musicales.

- las notas musicales.

- compases, figuras y ritmos.

 

5- Tamén, relacionado cas notas, o ritmo e os instrumentos, indícovos a seguinte páxina: https://aprendomusica.com/ Nela recomendo entrar só en RITMO, NOTACIÓN e MISCEL. Son actividades de distintos niveis de dificultade, probade que tal vos saen! Consello: en NOTACIÓN asegurádevos de que clicades en actividades con clave de sol (porque hai algunhas en clave de fa).

 

6- E para rematar, que xa van sendo horas… Simplemente vos quero animar a que escoitedes moita música diferente, porque na variedade está a esencia! Non vos esquezades de que o proxecto deste curso se centra na diversidade, diversidade tamén na música, e respecto polas diferenzas!

Bailade! Descansade! E non xoguedes demasiado a eses xogos de pantalliña dos que falabamos algúns luns en obradoiro! E AAAHHH!!! Falando de obradoiro… Creo que agora, máis que nunca, é o momento de pensar nos nosos maiores, de valorar todo o que fixeron e fan por nós, de descubrir canto saben e nos poden transmitir, de coidalos. Se tedes a oportunidade de convivir nesta etapa de confinamento con algunha persoa maior, ou podedes establecer contacto a través de medios telemáticos (móbil, teléfono, ordenador..), preguntádelle por cantigas galegas que lembren! Que volas canten, e non vos esquezades de escribilas! Seguro que é emocionante para eles!

SUXERENCIAS MUSICAIS PARA O ALUMNADO DE 5º

Estimadas familias, querido alumnado!

Aquí remito unha serie de ideas para seguir coa clase de música, pero dende as casas!

Moitísimo ánimo nesta etapa tan diferente que estamos a vivir! E non esquezades que a música sempre vai estar aí, tanto para o bo como para o malo!

Para calquer dúbida, suxerencia ou consulta, podedes mandarme un correo á seguinte dirección: evamaria.fernandez.gonzalez@edu.xunta.es

 

1- Algo moi importante é escoitar música moi diferente e variada! Na diversidade está a riqueza! Aquí vos deixo un enlace con diferentes agrupacións e estilos musicais, no que hai vídeos de Youtube.

http://popplet.com/app/#/333162

 

2- Por suposto, para non esquecerse dos instrumentos e as súas familias aquí vos indico varios enlaces:

- Un vídeo que explica as familias de instrumentos e a súa colocación na orquesta: https://www.youtube.com/watch?v=RHAklmqlvRI

 

-Esquema Familia de corda: https://www.thinglink.com/scene/509631583884410882?buttonSource=viewLimits

 

-Esquema Familia de vento-metal: https://www.thinglink.com/scene/509707018089529346?buttonSource=viewLimits

 

-Esquema Familia de vento-madeira: https://www.thinglink.com/scene/509635819082874880?buttonSource=viewLimits

 

-Esquema Familia de percusión: https://www.thinglink.com/scene/510072878847229953?buttonSource=viewLimits

 

- Un enlace a unha actividade sobre instrumentos e familias. Tedes que clicar en: “Actividades LIM Clasificación tradicional” https://www.mariajesusmusica.com/los-instrumentos-musicales.html

 

3- Relacionado cas notas, o ritmo e os instrumentos, indícovos a seguinte páxina: https://aprendomusica.com/ Nela recomendo entrar só en RITMO, NOTACIÓN e MISCEL. Son actividades de distintos niveis de dificultade, probade a ver que tal vos saen!

Consello: en NOTACIÓN asegurádevos de que clicades en actividades con clave de sol (porque hai algunhas en clave de fa).

 

4- E por último, e non menos importante, anímovos a que escoitedes música en xeral, e bailedes!! Hai vídeos de JUST DANCE en YouTube que podedes seguir para mover un pouco o corpo!

SUXERENCIAS MUSICAIS PARA O ALUMNADO DE 4º

Queridas familias!

Aquí vos indico algunhas propostas para que @s nen@s sigan en contacto coa clase de música, pero dende as súas casas!

Ánimo! Que con música se leva mellor!

Calquer dúbida, consulta ou suxerencia, podedes mandarme un correo a: 

evamaria.fernandez.gonzalez@edu.xunta.es

 

1- Para non esquecerse dos instrumentos e das súas familias, aquí lles indico algúns enlaces:

- Familia de corda: https://www.thinglink.com/scene/509631583884410882?buttonSource=viewLimits

- Familia de vento-metal: https://www.thinglink.com/scene/509707018089529346?buttonSource=viewLimits 

- Familia de vento-madeira: https://www.thinglink.com/scene/509635819082874880?buttonSource=viewLimits

- Familia de percusión: https://www.thinglink.com/scene/510072878847229953?buttonSource=viewLimits

 

2- Para escoitar música variada tamén deixo un enlace relacionado con diferentes agrupacións musicais. Dentro del hai enlaces a vídeos de YouTube.

http://popplet.com/app/#/333162

 

3- Non nos podemos esquecer de repasar as notas, e tamén os instrumentos. Aquí deixo un enlace a unha páxina interesante con actividades sobre iso. Hai varios apartados, pero que entren só en NOTACIÓN e MISCEL. Hai un apartado chamado RITMO: este ten algunhas actividades máis difíciles, pero poden probar tamén!!

En xeral, hai actividades máis simples e outras máis complexas, que non se frusten se algunhas non lles saen, porque son para toda primaria!!

Aí vai o enlace: https://aprendomusica.com/

 

4- Non pode faltar o baile!!! Para que non se esquezan do pasodobre típico español que aprendemos a bailar en música, aquí lles indico o enlace á música. Convídovos a que o bailedes con eles e elas! Pode ser moi divertido!

https://www.youtube.com/watch?v=f7JzWQiBx5I

 

5- E para rematar... anímoos a que escoiten música de distintos estilos, e a que BAILEN e BAILEDES!! Xa que a maioría das frautas quedaron no cole! Sempre poden recurrir ao JUST DANCE de YouTube.

Aquí vos indico unha canción: I WILL SURVIVE!! ("sobrevivirei!!"), aínda que hai moitas máis!

https://www.youtube.com/watch?v=0Vuk-FF5FSA

SUXERENCIAS MUSICAIS PARA O ALUMNADO DE 3º

Queridas familias!

Aquí vos indico algunhas ideas para que @s nen@s sigan coa música pero dende a casa!

Ánimo! Que a música non falte!

Para calquer suxerencia, consulta ou dúbida, podedes escribirme un correo a: evamaria.fernandez.gonzalez@edu.xunta.es

 

1- Para non esquecer a muiñeira que aprendemos a bailar, aquí deixo o enlace á páxina na que está o audio “muiñeira movida”. Convídovos a que bailedes c@s nen@s!! Son todo uns e unhas profesionais!!

http://www.entroidodecobres.com/bailes.php#2

 

2- Para practicar un pouco a lectura rítmica, a seguinte marcha tan coñecida:

https://www.youtube.com/watch?v=kpwIQGceC5E

 

3- Para escoitar a MOZART, e tamén a QUEEN, estes dous vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=RC-pltRPPsA

https://www.youtube.com/watch?v=B2Al2UnrtEE

 

4- Non nos podemos esquecer de repasar e aprender as notas, e tamén os instrumentos. Aquí deixo un enlace a unha páxina interesante con actividades sobre iso. Hai varios apartados, pero que entren só en NOTACIÓN e MISCEL. Hai un apartado chamado RITMO: este ten algunhas actividades máis difíciles, pero poden probar tamén!!

En xeral, hai actividades máis simples e outras máis complexas, que non se frusten se algunhas non lles saen, porque son para toda primaria!!

Aí vai o enlace: https://aprendomusica.com/

 

5- E para finalizar… recomendo que escoiten moita música diferente, e que BAILEN, que bailen en familia!! Unha proposta poden ser os vídeos de JUST DANCE en YouTube.

Aquí vos deixo un: I WILL SURVIVE!! (“sobrevivirei!!”), aínda que hai moitos máis!

https://www.youtube.com/watch?v=0Vuk-FF5FSA

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut