Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actividades de centro

EMOCIÓNATE COA RADIO

EMOCIÓNATE COA RADIO é o programa de radio do proxecto Radioemociónate 2022, unha proposta cultural e educativa que nace no 90 aniversario da primeira emisión da radio en Galicia.

É unha idea de SI RADIO de Galicia e da Asociación ONDIÑAS DE RADIO E PODCAST DE GALICIA apoiado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. 

O proxecto trouxo á escola un programa de radio profesional, con convidados de diversos eidos e grande relevancia (dende a alcaldesa municipio, a representantes de Avelaíña saúde mental e da asociación San Xerome), para que o estudantado de 5º e 6º de primaria formule as preguntas e coñeza como se desenvolven este tipo de programas dende a produción, realización e gravación.

 

Tamén forma parte do proxecto unha exposición itinerante sobre a radiodifusión, a súa historia, funcionamento, grandes voces da radio en Galicia e aparatos de radio históricos, conmemorando deste xeito a primeira emisión, que tivo lugar en 1933. 

Aquí tedes o enlace para escoitar a grabación:

https://open.spotify.com/episode/4FgJuxlpmokvJwh6HZEGMf

 Bo traballo rapaces e rapazas!

FESTA DO INVERNO

Para rematar este trimestre leváronse a cabo varias actividades ao longo da mañá onde se priorizou a mestura do alumnado de diferentes idades. Este tipo de agrupamentos sempre resultan moi favorables para todos os nenos e nenas xa que os maiores adquiren responsabilidades de coidado, atención, axuda... e os mais pequenos e pequenas encántalles estar no "cole de maiores" con alumnado de maior idade.

 A primeira actividade foron os Obradoiros de manualidades navideñas, onde os principais protagonistas foron o alumnado de 5º e 6º de educación primaria adquirindo o rol de monitores do seu obradoiro, tiveron que encargarse de dirixir e guíar aos grupos que ían recibindo no seu taller. Tivemos 4 obradoiros diferentes duplicados, deste xeito todos os grupos puideron realizar as 4 manualidades simultáneamente.

Aquí tedes un pequeno reportaxe do mesmo.

  

Despois de facer un descanso e tomar a merenda para coller forza xuntámonos todos e todas na sala de usos múltiples onde celebramos o primeiro sorteo de Nadal. Segundo ían entrando recibiron o seu boleto con un único número. Os encargados de sacar bolas do bombo foron os mais pequenos, axudados polos maiores que tiñan que ler ou cantar o número e o premio. Aquí tedes unhas pequenas evidencias dos momentos vividos.
 
 
 
 
Finalmente tivemos a presentación oficial do coro escolar formado por 60 alumnos e alumnas de primaria. Actividade organizada e dirixida polas mestras de música (Eva e Ángeles) e coa colaboración de Andrés acompañando co seu toque de guitarra. Agradecer a todas e todos os integrantes que decidiron formar parte desta aventura de xeito voluntario así como ás mestras que empregan o seu tempo de lecer para ensaiar co coro. Aquí vai a canción coa que se presentou o coro.
 
 
 
BOAS FESTAS!

SAÍDA AO ENBOXES PARK

O alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria saíron ao parque Enboxes de Tui, aquí tedes unha pequena reportaxe do día.

 

Sementando Igualdade

O grupo de 5º de primaria realizou unha preciosa coreografía da man da profe Eva, a especialista de música. Un gran traballo equipo! 

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Secretaría Xeral de Igualdade convocou o IV Concurso de carteis e videos contra a Violencia de Xénero no que podían participar centros educativos de toda Galicia en tres categorías.

No noso cole cinco grupos de 5º e 6º de Primaria confeccionaron distintas obras de arte. Despois dunha reñida votación (porque só se podía enviar un) o traballo elexido para o concurso foi "TRATA COMO QUEIRAS QUE CHE TRATEN"  creado por Sara, Manu, Yannira, Noe, Roi, Tania e Paula de 6º que acadou o 2º Premio Audiovisual da súa categoría.

O venres 25 de Novembro foron recoller o seu premio e participaron, xunto con outros centros de ensino, no minuto de silencio polas vítimas desta lacra. 

O que temos moi claro é que:

NO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!

 

Pica na imaxe para ver todos os traballos do noso cole.

Concurso 25 N

 

Magosto

O outono é tempo de castañas e magostos. Pasámolo en grande como ben se aprecia no video!!!

Concurso de Calacús

Despois de facer o reconto dos votos do noso alumnado á cabaza mais terrroríficamente bonita, este foi o resultado.

       

      Educación Infantil                                    Primer Ciclo

        

           Segundo Ciclo                                      Terceiro Ciclo

 

Parabéns aos gañadores/as e grazas a todas e todos por participar e facelo posible.

                                                      Clica na imaxe para reproducir o vídeo

 

 

Tempo de Cabazas

 

Precisamos da vosa axuda para decorar o cole para o SAMAÍN. Decorade unha terrorífica cabaza na casa e traédea a partires do mércores 26, moitas  grazas de antemán e un saúdo espantoso. BOOOOOHHHH  

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut