Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

blogue deMirta

Samaín 2020

Neste Samaín, os nenos e nenas de 6º de Primaria escribiron uns contos de mooooitooooo medoooooo!

 

24 de OUTUBRO: Día das Bibliotecas Escolares

 As BIBLIOTECAS sempre están AO TEU CARÓN...

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Preme na imaxe e atoparás máis información.

 

...SEXA ONDE SEXA!!!!

19 de Outubro: Día das Mulleres Escritoras

Para conmemorar o Día das Mulleres escritoras, o alumnado de 6º de Primaria comparte con nós estas lecturas que poderedes atopar na Biblio do cole.

E agora esta marabilla de recurso e que, ainda que é para máis maiores, paga a pena velo. Só hai que premer na imaxe.

 

Que teñades unhas moi boas lecturas, sempre!!!!

Calacús

calacú | Mira que din | Portal das Palabras

Estimadas familias,

O vindeiro 30 de outubro celebraremos o Samaín, e para seguir coa tradición do concurso de decoracións de calacús, este ano imos celebralo “virtualmente".

Para poder participar, tedes que decorar a vosa cabaza, e sacar fotos durante proceso e do resultado final do calacú. É importante que fagades fotos onde se vexa ao alumnado decorando a cabaza e algunha onde apareza unicamente o calacú (para que cando fagamos as votacións no cole, podamos facelo obxectivamente).

Con estas fotos faremos un vídeo que se colgará no web de centro no día 30 de outubro.
Haberá agasallos para os máis votados de cada categoría, infantil, 1º ciclo, 2º ciclo, 3º ciclo; e este ano, como novidade inauguramos a categoría "mellor cabaza realizada integramente polo alumnado".

O prazo para recibir as fotografías dende agora ata o 23 de outubro incluído. Os arquivos mandarasen a seguinte dirección de correo electrónico: dinamizaciongoian@gmail.com

Agardamos a vosa colaboración!!!

 

 

 

 

Aula Virtual: Como empezamos?

Seguindo estas instruccións, poderemos empezar a traballar na nosa Aula Virtual.

LEMOS NO VERÁN?

 

PREMEDE NO ARQUIVO ADXUNTO E ATOPAREDES LIBROS PARA VIAXAR ESTE VERÁN.

QUE TEÑADES MOI BOAS E FRESCAS LECTURAS!!!

FESTA DE VERÁN 2020

Estamos a piques de rematar este curso. Ben seguro é que foi un ano completamente distinto. Non podemos estar no cole, aínda, pero celebramos igual a nosa Festa do Verán. Desexamos que vos guste esta lembranza e desexamos tamén vernos o máis axiña posible.

Ollo!!! que mañá saímos de PequeTuronia!!!!!

 

REPASAMOS?

Estamos a rematar este curso tan extraño. Propoñémosvos aos cursos máis maiores dar un repasiño para ver que lembramos en LINGUA CASTELÁ e MATES. Animádesvos?

Empezamos con LINGUA. Lede atentamente as preguntas, pensade as respostas e sorte!!!!

Bolera de lengua repaso

Agora é o turno das MATES. Aconsellámosvos o mesmo, lede con atención e respondede. ÁNIMO!!!!

Escape Maths by Mayte Jiménez Romera on Genially

 

EU ELIXO O MEU FUTURO

Imos gozar deste fermosísimo traballo de dúas alumnas do cole, Noe e María, dúas grandes lectoras e vemos que tamén creadoras e artistas. Este pequeno gran video amósanos unha grande lección de vida: NÓS somos quen de elexir que queremos ser. BRAVO!!!!!!!!

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

O día de hoxe lémbranos que é fundamental que coidemos  TODOS, TODOS os días ao noso Planeta!!!

 

Se premedes no enlace e na imaxe de WWF, atoparedes un video cuns consellos que nos virán moi ben para poder coidar aos nosos océanos.

Recolle as luvas!!!!

WWF – Banderas y Publicidad Garsan

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut