Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Blogues

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Estimadas familias:

 

Ante a difícil situación que estamos a vivir, desde o Dpto de Orientación queremos enviar a todas as familias o noso apoio e agarimo nestes duros momentos.

 

Estamos en contacto con vós, tanto a nivel telefónico (centralizado no do centro) como por correo electrónico. A continuación poñemos os correos das compoñentes do Dpto de Orientación.

 

  • Orientadora: Lucía Alfonso Chantada alfonso@edu.xunta.gal

  • Pedagoxía Terapéutica (PT): Uxi Insua López uxi@edu.xunta.es

  • Audición e Linguaxe (AL): M. Isabel Lorenzo mil@edu.xunta.es  

 

 

 

A continuación deixamos unha serie de páxinas web e aplicacións (para o teléfono e a tablet) para o alumnado que acode a reforzo educativo coas mestras de PT e AL. Aínda que é importante suliñar que poden ser empregadas por todo o alumnado.

 

 

 

 

 

Ánimo e adiante!!! Tod@s imos saír desta!!!

 

 

LER NA CASA É UNHA GOZADA

A COCIÑAR!!!!!

 

ÁBRELLE A PORTA Á LECTURA

                    

                       A PARTIR DE  6 ANOS                     A PARTIR DE  8 ANOS             A PARTIR DE  9 ANOS

    XUVENIL

 

E para rematar este contiño de Xerais que ten moito que ver con estes días que estamos a pasar na casa:

#EU QUEDO NA CASA

 https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/euquedonacasa_20pp?fbclid=IwAR3EPlbtZ4LwvRRnKQjx_wSevzFzRT0gqHhOdWqG5wNNiU6GOrKd7nTO_kE

 

 

E SE LEMOS E XOGAMOS UN POUQUIÑO COA HISTORIA?

Premede en cada imaxe e a xogar!!!!!

PREHISTORIA

VIQUINGOS

 

 

BAZAR ÁRABE

CANTEIROS

PEPA A LOBA

IDADE MEDIA

 

AVISO I PARA NAVEGANTES:  SE VOS DADES UNHA VOLTIÑA POLA BIBLIOTECA PODEDES LER  PRENSA E REVISTAS. BUSCADE NA PÁXINA QUE ALGO ATOPAREDES  (PISTA: PREMEDE ONDE DI Trotamundos. PARA OS VOSOS PAIS ALGO HAI TAMÉN).

 

AVISO II PARA NAVEGANTES: E SE PREMEDES NA IMAXE, BEN SEGURO QUE ALGO HABERÁ PARA LER OU PARA PAPAR, NON SE SABE.


 

VAI UNHA DE BRAVAS!!!!

Non hai máis que premer no adxunto e atoparedes historias de mulleres alucinantes.

 

E veña contos, poemas e lerias!!!!

Cos libros, coas palabras, coa imaxinación podemos ir a todas partes!!! Viaxemos, soñemos, cantemos...gocemos!!!! Preme na imaxe e atoparás o mundo, mundial por aí adiante.

 

Logo no salón da casa podemos recibir estas visitas virtuais. Acomodaivos coa mantiña e premede no sofá.

Pandemia de contos

O Colectivo de Narración Oral Galega NOGA comparte contos con todos nós para levar mellor o de quedar na casa
 
Quen se atreve a pasar un bo rato con Atenea García contando
 
Pois a premer no título.
 
 
Se queredes unha verdadeira pandemia (das boas), non tedes máis que darlle a este enlace https://www.facebook.com/narracionoralgalega/

ADMISIÓN CURSO 2020/2021

 

Está aberto o prazo para matricular alumnado o vindeiro curso 2020-2021. O prazo de presentación de solicitudes remataría o 20 de marzo pero como este día foi declarado non lectivo, prorrógase o período de presentación de solicitudes de admisión ata o luns 23 de marzo

Pódese presentar a solicitude no colexio, presentando o documento que se adxunta, ou ben a través da aplicación web admisionalumnado.

O horario de Secretaría é de luns a venres de 9:00 a 9:55 horas.

 Podedes consultar máis información no seguinte enlace.

 Neste enlace podedes descargar o Formulario de solicitude para presentar no centro.

Recitando a ROSALÍA

Durante toda a semana pasada, "estivemos" con Rosalía. Lémola, escoitámola, cantámola, debuxámola...

O xoves 20, durante a Hora de LER, celebramos o seu aniversario (por adiantado porque o seu día é o 24 que este ano coincide co Luns de Entroido). Xuntámonos diante das Escolas Vellas e a lembramos indo con ela "Pra Habana", cantando "Adiós ríos, adiós fontes", recitando a "Rosalía pequeniña" e rapeando. Logo fixemos unha pegada de carteis moi especial: compartimos os seus versos cos nosos veciños e veciñas de Goián. Unha mañá fermosa!!!!

 

RECOMENDACIÓNS NAVIDEÑAS!!!!

Ler é un regalo!!!!! Feliz ... VIDA...!!!!!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut