Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Blogues

AÍ VEN O MAIO

Empezamos MAIO, o mes da primavera e das flores. Celebramos a fin do inverno, o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a alegría de ver o sol brillando no horizonte e “florecen” tradicións como OS MAIOS. Sabedes a súa orixe? Ou como se celebra? En que zonas?

 

Con estes enlaces botámosvos unha man para saber un chisquiño sobre esta celebración:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/tradicions-celtas-romanas-maios/20200501075222096502.html

 

Celebramos esta festa no noso entorno?

Por que se adornan con xestas coches ou entradas das casas?

http://talourcera.blogspot.com/2010/05/la-belleza-de-lo-ordinario-buscando.html

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/fai-xesta-no-teu-carro/20170502193707057090.html

 

Como se celebra ou celebraba en poboacións como Tui ou Tabagón?

http://tudensia.blogspot.com/2020/04/ai-ven-o-maio.html

E á outra beira do río, en Cerveira, se celebra? Como o fan alí?

https://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/36369/claves/Originais-e-coloridas-coroas-de-flores-assinalam-tradi%C3%A7%C3%A3o-d--As-Maias--em-Cerveira

 

Os primeiros cursos de Primaria (vale, se queredes os maiores tamén) tedes esta actividade.

 

E como remate final: MÚSICA.

Empezamos con esta interpretación da Agrupación Musical de Goián da obra “Beltane” composta por Andrés Álvarez, veciño de Goián e ex alumno do noso cole. Pechade os ollos e deleitádevos escoitando.

 

 

Por que pensades que a chamou así? Como é ese calendario celta?

 

https://mundovikingo.com/beltane/

 

https://mundovikingo.com/rueda-del-ano/

 

 

 

Rematamos co poema “O MAIO” de Curros Enriquez nesta fermosa versión musical para celebrar o NOSO MAIO FLORIDO ... E DISTINTO.

 

 


 

A EMPREGAR OS MIOLOS

Seguimos con xogos e pasatempos. Se premedes nas imaxes das portadas  destes contos que hai na Biblio do cole, vos agardan uns crebacabezas. Ánimo e paciencia!!!! 

9 pezas

20 pezas

20 pezas

Estas historias e moitas máis vos agardan no cole para que as disfrutedes LENDO!!!!!!

XOGAMOS COS LIBROS

Apetécevos xogar cos libros da BIBLIO?
A ver canto sabedes dos libros que hai nela.
Premede en cada número e atoparedes un xogo para averigualo.
Lede con atención, pensade e logo contestade.

 

 

 

 

Estes xogos están recomendados para Primaria.

MÁIS ACTIVIDADES PT E AL

Neste enlace atoparedes actividades e xogos para traballar a linguaxe oral.

 

RECOMPILACIÓN DE CONTOS

Seguimos a levar a Biblioteca á casa!!! Entrade, botade un ollo e gozade desta recompilación de contos!!!!

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

//Eu quedo na casa a ler //

 

O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron, ou morreron, outros escritores eminentes . Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores e alentarnos a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución das creadoras e creadores ao progreso social e cultural.

 

O Equipo da Biblioteca quere compartir con vós esta curta que trata sobre un neno incrible ao que lle encantaban os libros para... descubrídeo vós.

 

Convidámosvos a crear un libro, pero non un libro calquera, un libro moi moi especial: O VOSO LIBRO!!!

E vos preguntaredes como facelo. Pois aí van algunhas ideas:

Un libro pode ter unha soa folla ou moitas...

... pode ser despregable

ou pender dun fío...

...  ter que xiralo para lelo ou ter un recuncho oculto.

Un libro pode ter só letras, só ilustracións ou ambas cousas.

  

Un libro pode ter distintas texturas e ata cheiros e sons.

Así que xa sabedes:

  • Imaxinade ou pensade o voso libro perfecto, debuxádeo.
  • Recuperade da vosa casa, elementos que non esteades empregando pero que vos gusten ou atraigan por algo ( a súa cor, o seu tacto, o seu cheiro...).
  • Imaxinade a historia, as personaxes, os escenarios...
  • E, mans a obra!!!

 

 

 

 

Ehhhh, que a cousa non remata aquí. A que todos temos un libro especial? Quen non soñou ser protagonista dunha aventura alucinante? Ou viaxar a lugares lonxanos?

Que vos parece se nos disfrazamos desa personaxe ou simulamos a portada do noso libro preferido?

Ollo!! O libro real ten que sair na foto.

Quen se anima? Deixámosvos algunha proba de andar por casa.

     

A proba gráfica podedes enviala:

Ánimo!!!

Sorrisos da profe Mari Luz...

 

Ola xuliñ@s!!

Espero que esteades moi ben. Botásevos de menos.  

Quero axudarvos a enredar neste tempo na casiña. Anímosvos a que participedes nalgunhas das propostas que vos irei enviando. Lembrade SORRIR, SORRIR MOITO!!!!

 

E SE COMEZAMOS CUNHA CANCIÓN…?

 

 

Cando xa non sexamos aves enxauladas…

 

Para quen estades gardando bicos, cara quen correredes, a quen botades de menos…?

 

 

 

 

E SE DAMOS OUTRA UNHA VOLTIÑA POLO MUNDO?

COMO VOS VAI CO RETO DA VOLTA AO MUNDO? POIS IMOS DAR OUTRA VOLTIÑA... DENDE A CASA. 

AO PREMER NAS IMAXES, ATOPAREDES MAPAS PARA APRENDER PAÍSES, CAPITAIS, RELEVO... IDES PASALO MOI BEN!!!

Este é o billete para viaxar por España, Europa... por todo o mundo.

 E este é para quedar pretiño da casa: Galicia.

Bueno, se cadra, un pouco máis alá. Quen sabe...

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut