Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Blogues

Ledicia Costas no cole

O pasado xoves 26 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas. Con ela falamos de "O neno de lume" e compartimos ARTE!!!! Que ben o pasamos!!!!

 

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

Nos arquivos adxuntos atoparedes a información e os impresos necesarios para a solicitude de axudas de material escolar e libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023.

Se tedes calquera dúbida ou dificultade para cubrir os impresos, consultade co Equipo Directivo.

PROCESO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Entre o 1 e o 21 de marzo ábrese o prazo de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.

Este proceso é para o alumnado que entra en 3 anos e o alumnado doutros cursos que cambian de centro.

No arquivo adxunto está toda a información necesaria.

 

Enquisa Aula Madruga. 

QUE VEN, QUE VEN!!!!

Quentando motores para o Entroido!!!!! Lembrade que non hai que mercar nada e buscar o que teñamos por casa. Veña, a poñer a andar a imaxinación e, sobre todo, combinar para arrasar!!!!!

Empezamos coa orde para o LUNS. 

Cada día engadiremos unha orde de estilo e cor!!!!!!

 

 

 

 

 

Lemos en FEBREIRO!!!!

Por fin!!!!! Despois dalgún pandémico atranco, fíxose realidade algo que andabamos argallando dende fai tempo:

botou a andar o CLUB de LECTURA das nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria!!!!!!

Neste pequeno video contámosvos un chisquiño da experiencia. Dende logo que imos continuar porque ENCÁNTANOS LER!!!!!!!  E non pasaran vintecatro horas que xa medrou a participación para a seguinte xuntanza!!!!!

 

Estas son as "conversas que tivemos" con Francisco Castro e  Ledicia Costas

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!!!!!

30 de Xaneiro de 2022: DÍA DA PAZ NA BIBLIO

 

Todas as nenas e nenos do cole puxémoslle cor á nosa árbore da PAZ e deixámola en moi boa compañía lectora.

QUE TEÑADES MOI BOAS E PACÍFICAS LECTURAS!!!!

DÍA DA PAZ:30 DE XANEIRO DE 2022

O alumnado de 5º de Primaria colaborando e xogando.E como non, coa música de Tanxugueiras: non hai fronteiras!!!!!

SEGUIMOS !!!!!!

O noso traballo a prol da LINGUA e as MULLERES viuse recoñecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Continuamos!!!!!

GUAI, SOMOS MULLERES!!!!!

 

Tamén recibimos este diploma da Real Academia Galega.

MIL PRIMAVERAS MÁIS!!!!!!

 

 

 

 

 

SAÚDE E CANTE O MELRO EN GOIÁN E FIGUEIRÓ

Na clase de Música adaptamos a canción

"SAÚDE E CANTE O MELRO" 

a Goián e Figueiró e contamos coa marabillosa colaboración da Agrupación Musical de Goián a quen estamos enormemente agradecidas.

Non podemos esquecer o compromiso e a grandísima axuda de Ana, Andrés e Adrián, nai e pais de nenos deste cole, e a Lucas, que nos botaron tadas as mans que puideron para que este video fose posible.

A participación dos nenos e as nenas foi EXCEPCIONAL!!!! e non podemos estar máis que orgullosas de todos e todas elas. 

Toda a Comunidade Educativa:persoal docente e non docente, ANPA e  nenos e nenas

do CEIP Pintor Antonio Fernández

desexamos que o 2022 veña

cheo de boas vibracións!!!!

BOAS FESTAS!!!!!


 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut