Skip to Content

Blogues

Día da Paz 2021

Un ano mais, a Comunidade Educativa do CEIP Pérez Viondi baila para conmemorar o Día da Paz.

FELICITACIÓN NADAL 4º PRIMARIA

VISITA DOS PAXES REAIS

Correlingua 2020 "Vinte coa lingua"

Correlingua 2020 "Vinte coa lingua"

Correlingua 2020

Vinte coa lingua

O 24 de Novembro celebramos o correlingua, este ano dunha maneira diferente. En vez de percorrer as rúas da nosa vila, escoitamos o manifesto e bailamos rock ao son da banda Cuarta Xusta, cuxo concerto foi retransmitido en directo desde o teatro principal. Así sumámonos un ano máis a esta festa da nosa lingua e somos como dicía o manifesto “SEMENTE FLORECIDA DO NOSO IDIOMA”

 

 

Enlace á festa do Correlingua 2020

Festa das Palabras

O Día 15 deste mes, celebramos no Teatro Principal , a entrega simbólica dos premios aos gañadores da Festa das Palabras.Asistiu un alumno/a e un profesor/a en representación de cada centro, a Concelleira Amalia Goldar e o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, padriño desta convocatoria, fixo unha intervención virtual.

 

 

 

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celebramos no centro o día contra a Violencia de Xénero. Queremos compartir algunhas das actividades que realizamos.

 

 

 

Samaín 2020 photocall

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

  ALUMNADO DESTINATARIO

a) NON ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

     • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

     • Alumnado matriculado en educación especial.

     • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

     • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Forma de presentación: no Centro.

Prazo: do 16 ao 27 de novembro

IMPRESO-SOLICITUDE

ORDE COMPLETA

MEDIDAS ANTI COVID-19

Persoal sanitario veunos facer diversos exercicios coa finalidade de protexernos. COVID-19. Moi útiles

Distribuir contido


by Dr. Radut