E por fin este curso poidemos volver a realizar os obradoiros do programa ALIMÉNTATE BEN case con normalidade! A semana pasada realizamos a actividade “Ti si que es un bo peixe”, xestionada pola Consellería do Mar, co fin de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do noso mar ao alumnado (pulsa na imaxe para saber máis), na que participou todo o alumnado do centro, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.
Uxía e Roque ensináronnos 9 exemplares de peixes, coñecendo o seu nome, características, formas de pescalos, etc. E tamén os seus beneficios na nosa saúde, insistindo na necesidade de consumilos.
Para rematar de forma divertida, cantamos e bailamos unha canción repasando todo o aprendido.
Ademais, deixáronnos un agasallo, unha bandana co logotipo da actividade para protexernos do sol, ou facer de cociñeiros!
Nas vosas casas podedes consultar os tripticos informativos que tamén nos deixaron.