Skip to Content

Blogues

TI SI QUE ES UN BO PEIXE: EXCURSIÓNS

Dentro do programa “Ti si que es un bo peixe” está incluída unha saída a unha zona costeira para coñecer como se recolle o marisco e cal é o proceso ata que chega ás nosas casas.

Este curso, desfrutaron desta saída o alumnado de 3º de Educación Primaria (o 31 de maio) e o de 5º de Educación Infantil (o 15 de xuño), que acudiron a Vilanova de Arousa onde realizaron as seguintes actividades:                                       

  • Visita á zona de marisqueo, onde as mariscadoras lles falaron do seu traballo e lle mostraron os utensilios que empregran. Despois poideron buscar eles mesmos almexas e berberechos na area.

  • Visita ao porto, donde viron as diferentes zonas do mesmo e os barcos que alí había.

  • Visita á lonxa, alí os nenos e nenas puideron ver como se realiza o traballo de limpeza do marisco para logo realizar a poxa e vendelo.  
  • Finalmente desfrutaron dunha merenda mariñeira, degustando, empanada de mexillóns croquetas chocos e iogur. 

 

Así de ben o pasaron!

 Podedes ver máis imaxes do alumnado de 5º de Educación Infantil pulsando AQUÍ e AQUÍ

 

AS MARISCADORAS EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Este curso quedounos claro que os alimentos do mar son moi saudables, e unha proposta estupenda para incluir na nosa alimentación. O alumnado de 5º de Educación Infantil aproveitou para traballar, neste 3º trimestre, un proxecto sobre as mariscadoras, coñecendo máis a fondo todos os alimentos do mar, concretamente os mariscos.

Aquí tedes unha mostra de todo o que traballaron.

 

 

 

 

 

 

 

Podedes atopar máis información pulsando AQUÍ

 

 

 

SON MARIÑA

A semana pasada o alumanado de Educación Infantil acudiu a un contacontos da man da Asociación de Celíacos de Galicia. O conto do que poidemos disfrutar chámase “Son Mariña. A historia dunha nena celíaca.” publicado por ACEGA en colaboración co GADIS, e conta como vive Mariña a súa alerxia ao glute. 

Tamén debatimos sobre outro aspecto importante da alimentación como son as alerxias e intolerancias.

Agradecemos á Asociación ACEGA por acudir ao noso centro. 

 

 

 

 

 

 

Deixáronnos estes materiais para aprender máis sobre a celiaquía. 

FROITA NA ESCOLA II

Neste último trimestre contamos co segundo período de “Froita na Escola”, no que recibimos froita fresca, de tempada, para consumir no momento do recreo, proporcionada pola Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria, co fin de fomentar hábitos de vida saudables e promover o consumo de froita nos menores. Nesta ocasión o período abarcou dende o 24 de maio ao 6 de xuño, e as froitas que recibimos foron: nectarinas, albaricoques, fresas, cereixas, mandarinas e plátanos.

 

 

 

 

                     

                     

 

                     

                     

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN´22

LÁCTEOS NA ESCOLA II

 

Neste último trimestre seguimos recibindo leite para o  seu consumo por parte do alumnado. Ademais, a Consellería de Medio Rural enviou uns vasos, como agasallo para todo o alumnado.

 

COME COMIDA REAL!

 

Para que todo o alumnado do centro traballara a alimentación saudable, elaboramos unha presentación coa información máis relevante sobre esta temática. Nela descríbese como debe ser unha alimentación saudable e cal é a forma de seleccionar os alimentos que máis nos conveñen. Pulsa na imaxe para poder vela.

 

 

Entre outras cousas traballamos o prato de Harvard para coñecer unha forma de distribuír os alimentos no prato. Gracias a unha colaboración do GADIS, todo o alumnado do centro puido levar o seu prato de Harvard para a casa e practicar a alimentación saudable.

 

 

 

Posteriormente, en Educación Infantil, os nenos e nenas debuxaron o seu propio prato con alimentos saudables e saíron estas estupendas propostas.

                                                                     

FAI CLIC AO TEU BOCATA

E quedábanos por realizar este curso o obradoiro “Fai clic ao teu bocata”  un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir en equilibrar as súas dietas alimentarias(pulsa na imaxe para saber máis), na que participou todo o alumnado do centro, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

 

 

A través de divertidas personaxes Mar e Roi explican ao alumnado os beneficios para a nosa saúde do consumo de alimentos do mar conservados en latas ou botes. Fixeron diferentes xogos para diferenciar os alimentos saudables de outros que non o son e para ver a importancia de non botar lixo ao mar.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por outro lado, Roi ía preparando os bocadillos con conservas do mar e outros alimentos saudables, que o alumnado puido degustar unha vez rematado o obradoiro.

 

 

 

 

Ademais, deixáronnos un agasallo, un envase para gardar os bocadillos e que se conserven fresquiños ata a hora da merenda.

 

   

ANDAINA POLA SAÚDE

O día 11 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria partiparon nunha actividade organizada polo Concello de A Estrada en prol da saúde. Esta consisitu en acudir ao salón de actos do concello onde a pediatra do centro de saúde, doulle ao alumnado unha charla enfocada na importancia da alimentación saudable e o exercicio físico. A actividade continuou realizando unha andaina por un dos roteiros do concello e que este quere promocionar na poboación de A Estrada para que sexan recorridos buscando así unha óptima saúde da xuventude.

 

 

 

 

 

 

 

 

         

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

 

   

IX FESTA DAS PALABRAS

Entrega de premios aos gañadores/as do concurso de Micropoemas e Microrrelatos 2022, organizado polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada. A madriña literaria desta edición foi a Escritora Rosalía Morlán. O acto estivo amenizado polo grupo "Favorita". 

     

Distribuir contido


by Dr. Radut