Blogues
SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO
Enviado por duran o 15 Xuño, 2020 - 18:35Esta semana xa non imos mandar tarefas para facer por días. Podedes ir facendo as páxinas dos libros que poidades e queirades.
En adxuntos tendes un xogo que podedes descargar nos vosos ordenadores ou tabletas para traballar as matemáticas dun xeito lúdico. Tamén adxuntamos fichas para colorear e practicar.
Actividades do 8 ao 12 de xuño
Enviado por duran o 7 Xuño, 2020 - 20:15
LUNS
Música: No apartado de Música (á dereita en Actividades) tendes uns enlaces para facer unhas fichas de repaso que podedes realizar directamente no voso ordenador e enviarllas ao profe Gonzalo.
Naturais: Os materiais e as súas propiedades (Páx. 82 e 83)
MARTES
Lengua: Más tiempo para leer (páginas 180 y 181).
Sociais: Para que utilizamos a auga (páxinas 76 e 77).
MÉRCORES
Lingua: Lectura do conto “A tía Natalia” e facer as actividades de comprensión (Pax. 28 e 29 do ficheiro adxunto)
Matemáticas: Horas y cuarto, horas menos cuarto (páginas 200 y 201).
XOVES
Lengua: Saber hacer (páginas 182 y 183).
Matemáticas: Resuelvo problemas (páginas 206 y 207).
VENRES
Matemáticas: Tratamiento de la información (Página 208) y Saber hacer (Página 209).
Lingua: Páxinas 34 e 35 do ficheiro adxunto.
Música
Enviado por Alicia o 4 Xuño, 2020 - 15:44Ola a todo@s!
Na sección dedicada á área de música tendes uns enlaces para fecer unhas fichas de repaso, de todas formas tedes o enlace a continuación:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/taxonomy/term/51
Son moi entretidas :)
CADERNO VERDE
Enviado por Gonzalo o 3 Xuño, 2020 - 11:56O próximo 8 de xuño celébrase o Día dos Océanos e, con tal fin, tedes publicado na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”, cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Familia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo.
Son as seguintes:
· Mapa do tesouro.
· Animais en perigo polo plástico.
· Protexendo as aves.
· Os restos da merenda
http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/
Agardo que vos guste e pasedes un rato divertido aprendendo a coidar os nosos mares e océanos e, en definitiva, o noso planeta!!
ACTIVIDADES DE REPASO 1º, 2º E 3º
Enviado por Gonzalo o 3 Xuño, 2020 - 11:38Bos días a tod@s!!
En primeiro lugar quero darvos moitos ánimos, que xa está rematando o curso!!! Para iso mándovos un par de fichas de repaso de cousiñas traballadas na aula. Espero que vos gusten e vos divirtades con elas.
Simplemente tedes que PINCHAR en cada un dos 2 ENLACES que vos poño para cada curso e xa vos aparece a ficha. COMPLETADES a ficha e ao rematar premedes en TERMINADO, cubrides co voso NOME e APELIDOS e premedes en ENVIAR. Dese xeito xa me chegan a min as fichas cubertas. Calquera dúbida ou problema non dudedes en poñerse en contacto conmigo por correo: gonzaloif@edu.xunta.es.
REPASO 1º
REPASO 2º
REPASO 3º
Unha aperta moi grande para tod@s e moito ánimo!!!
Actividades semana do 1 ao 5 de xuño
Enviado por duran o 31 Maio, 2020 - 20:13As actividades desta semana xa as podedes facer nos vosos libros, agás as de Lingua que volas enviamos nun adxunto.
O horario que mandamos é orientativo.
LUNS
Lingua: Lectura (páxinas 174 e 175).Comprensión ( páxina 176).
Naturais: Ler “Reciclamos materiais” e realizar as actividades (páxinas 84 e 85)
MARTES
Lengua: Lectura (páginas 174 y 175). Comprensión (página 176).
Sociais: Ler “O ciclo da auga” e realizar as actividades (páxinas 74 e 75)
MÉRCORES
Lingua: Tempo para escribir mellor (páxinas 178 e 179)
Matemáticas: El Reloj (páginas 198 y 199).
XOVES
Lengua: Actividades de las páginas 177 y 179.
Matemáticas: La Calculadora (páginas 204 y 205).
VENRES
Matemáticas: Actividades de las páginas 200 y 203.
Lingua: Máis tempo para ler (páxinas 180 e 181).
Semana 25 a 29 de maio
Enviado por Alicia o 26 Maio, 2020 - 15:56Ola familias!
Esta semana en lugar de mandar máis fichas deixávosmos que, se queredes, fagades aquelas que teñades pendentes de semanas anteriores, para así entregárnolas no centro.
Non esquezades traer, ademais do traballo feito, os libros da biblioteca.
Boa semana!
PROPOSTA DE ACTIVIDADES SOGAMA
Enviado por Gonzalo o 26 Maio, 2020 - 11:31No marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, a plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal difundiu unha serie de recursos para as aulas de Lingua Galega.
O mar e os residuos constitúen as temáticas centrais das últimas tres unidades didácticas, que están orientadas aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria.
Son as seguintes:
· Problema nos océanos: http://www.cadernoverde.gal/problema-nos-oceanos/
· Mariñeiras a proa! http://www.cadernoverde.gal/marineiras-a-proa/
· Percorrendo a costa para limpar: http://www.cadernoverde.gal/percorrendo-a-costa-para-limpar/
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
