blogue deLidia

RECOLLIDA DE INFORMACION POST.- COVID PREVIA AO DESEÑO DE MEDIDAS PARA O CURSO 2020 - 2021

Creamos este cuestionario para recoller información post- covid, coa intención de deseñar medidas específicas para o vindeiro curso. 

O cuestionario é totalmente anónimo e está destinado a todas as familias do centro. 

Tes dúas formas para participar:

1. Desprazarte na imaxe e ir contestando directamente as preguntas

2. Cumprimentar desde este enlace: https://forms.gle/vSuNB99Mx3eUF66U8

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!!! 

 

 

CALQUERA DÚBIDA PODES ESCRIBIR A : orientacionviondi@hotmail.com

 

 

ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - CAMBIOS DE ETAPA

Moitos son os cambios que temos que enfrontar ao longo da nosa vida. Estes últimos meses estamos vendo que algúns son imprevisibles, pero outros moiton non e cómpre estar preparados/as para eles así, cando cheguen, se nos anticipamos, todo irá mellor.

Nesta entrada podedes atopar información para as familias respecto aos momentos de transición entre as etapas: o comezo da escolarización en 4º de Infantil, o paso de Infantil a Primaria e por último o cambio para Secundaria. Ofrecemos unha serie de consellos que poden ser de utilidade para comprender mellor os cambios e saber como actuar.

 

Fai clic nos seguintes enlaces

 

 

E para o alumnado de 6º curso de E.P tamén podedes descargar a seguinte guía elaborada pola Orientadora do IES GARCÍA BARROS, onde atoparemos información útil sobre a organización das clases e moito máis: https://drive.google.com/file/d/1rFyoLcy8gGOszZ5vDtwFlmJ4m3HEIJxx/view

 

 

 

MÁIS ALÁ DO BALCÓN ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Un recurso moi interesante para traballar as emocións producidas pola corentena. Ao mesmo tempo, ofrece información sobre a diferenza entre unha pandemia, unha epidemia e unha endemia ou entre un virus e unha bacteria.

Podedes acceder aquí:

https://orientaviondi.blogspot.com/2020/05/mais-ala-do-balcon.html

CONTO SOBRE A DIVERSIDADE FAMILIAR ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Familias enteiras confinadas ... cada unha coa súa historia, a súa propia forma de organizarse, de entenderse ... pero todas unidas por algo en común que neste libro descubriremos.

https://orientaviondi.blogspot.com/2020/05/conto-sobre-diversidade-familiar.html

A CÁPSULA DO TEMPO DO COVID ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Invitámosvos a crear cos vosos fillos/as unha CÁPSULA DO TEMPO, unha actividade en familia para deixar constancia deste momento histórico que estamos a vivir. 

Podedes descargar o documento aquí: https://orientaviondi.blogspot.com/2020/05/a-capsula-do-tempo-do-covid-19.html

RESILIENCIA - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Agardo que vos atopedes todos ben.

No blogue podedes consultar un artigo moi interesante sobre a RESILIENCIA, unha capacidade que no momento actual cobra moita importancia, tanto nos nenos/as coma nos adultos. 

 

https://orientaviondi.blogspot.com/2020/05/a-importancia-de-ser-resilientes.html

 

CONSELLOS PARA AS FAMILIAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Máis información no blogue de Orientación: https://orientaviondi.blogspot.com/

 

BLOGUE ALUMNADO REFÓRZA - T

No seguinte enlace podedes ver o material dispoñible desde o programa REFÓRZA - T elaborado por Noela, a mestra que o imparte.

https://reforzateviondi.blogspot.com/

 

 

CONTACTO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Durante o terceiro trimestre, ata que remate o estado de alarma e podamos retomar as clases, podedes contactar co Departamento de Orientación a través do correo electrónico: orientaciónviondi@hotmail.com

 

 

ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Información para as familias para sobrelevar estes días de corentena (actividades, contos e máis recursos).

https://orientaviondi.blogspot.com/

Distribuir contido