Skip to Content

                              

Novas

Día Internacional da Infancia

19/11/2010 00:00
Etc/GMT

Co motivo da celebración do Día Internacional da Infancia e do aniversario da firma da Convención dos Dereitos do Neno, UNICEF Galicia e a Asociación O CASTRO de Baión convocaron ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria do noso centro a un acto de celebración que terá lugar no emblemático espazo do PAZO DE BAIÓN o día 19 de novembro ás 11:30.

Día Internacional da Infancia

Co motivo da celebración do Día Internacional da Infancia e do aniversario da firma da Convención dos Dereitos do Neno, UNICEF Galicia e a Asociación O CASTRO de Baión convocaron ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria do noso centro a un acto de celebración que terá lugar no emblemático espazo do PAZO DE BAIÓN o día 19 de novembro ás 11:30.

Calendario curso académico 2010/11

Ver arquivo PDF

Día non lectivos do centro:

luns, 11 de outubro do 2010
martes, 13 de xuño de 2011

Horario xeral
Mañáns 09,45 a 12,55
Tardes 14,10 a 16,00

Horario setembro e xuño
Mañáns 09,15 a 13,30

Datas de entrega de notas:
1ª Avaliación 22 de decembro
2ª Avaliciación 15 de abril
3ª Avaliación 22 de xuño

Campo a través

20/01/2010 22:59
Etc/GMT

O mércores 20 de xaneiro os alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria participaremos na Final comarcal de Campo a Través que terá lugar no Parque de Carballiño, se a climatoloxía nos acompaña.

Programa Nadal 2009

O venres 21 de decembro celebramos a Festa de Nadal no colexio. Fixemos un festival no que participamos todos os alumnos e mestres do colexio.

Se premedes no programa poderedes ver o video da actuación. esperamos que vos guste....

FESTIVAL DE NADAL 2009

Programa

  1. E.I.:POESÍA: “Pronto chega”

  2. OBRA DE TEATRO (2º ciclo): “Os músicos van a Belén”

  3. BAILE(EI/1º ciclo): ”Christmas feeling”

  4. OBRA DE TEATRO(3ºciclo): “O guerreiro”

  5. FLAUTAS (2º ciclo)

  6. OBRA DE TEATRO(1º ciclo): “A árbore de Nadal”

  7. E.I. BAILE: ”Pandereta”

  8. POESIA (1º ciclo): “Carta aos Reis Magos”

  9. BAILE(2º/3ºciclo): “All I want for Christmas”

  10. OBRA DE TEATRO(1ºciclo): “O boneco de neve”

  11. FLAUTAS(3ºciclo)

  12. CHRISTMAS CAROLS(1º/2º/3ºciclo)

  13. PANXOLIÑA (1º/2º/3ºciclo)

  14. BAILE: “Feliz Navidad”

  15. ENTREGA DE PREMIOS : POSTAIS

  16. VISITA DE PAPA NOEL.

 

 

Calendario curso académico 2009/10

Calendario curso académico 2009-20010

Ver arquivo PDF

Día non lectivos do centro:

luns, 2 de novembro do 2009
martes, 18 de maio de 2010

Horario xeral
Mañáns 09,45 a 12,55
Tardes 14,10 a 16,00

Horario setembro e xuño
Mañáns 09,15 a 13,30

Datas de entrega de notas:
1ª Avaliación 22 de decembro
2ª Avaliciación 26 de marzo
3ª Avaliación 22 de xuño

Como era...?

Están colgadas por curso escolar, pero non sabemos si están ben.

A idea sería crear unha sobre celebracións, excursións, actos, e actividades realizadas polo centro. Para iso precisamos que nos enviedes fotos que teñades, a ser posible coa data.

E outra sobre ex-alumnos do centro tal como son hoxe. Serían fotos de antigos alumnos actualizadas e cos cursos que estiveron no centro (ex: 85-89).

A dirección a que teredes que remitir estas fotos é:

ceipxuvencos@gmail.com

Grazas por axudarnos a darnos a coñecer máis.

Concurso de Galego

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca do Carballiño convocou un concurso de elaboración de cartaces co lema de: "Para a defensa e promoción do galego".

As bases de participación son as seguintes:

Admisión de alumnos/as curso 2009/10

PRAZOS:
Durante o mes de marzo (do 1 ao 31) a familia solicita a admisión no centro.
En xuño formalizase a matrícula.

Comunicados do curso 2008/09

 Aquí podedes consultar os comunicados que foron remitidos neste curso

COMUNICADOS

 DESCARGA

  Comunicado sobre a celebración do entroido o 20 de febreiro

   
Distribuir contido


by Dr. Radut