Skip to Content

                              

Novas

Normativa de comedores

Este curso escolar a Consellería de Educación publicou unha nova normativa para o Servizo do Comedor, segundo a cal se establecen 4 modalidades:

  • Alumnado con gratuidade total.
  • Alumnado que abonará 1 € diario.
  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.
  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Os solicitantes de praza no comedor deberán cumprimentar o seguinte documento e presentalo asinado na Secretaría do centro.

Nos seguintes documentos podedes ver a regulamentación que está en vixencia.

Reunión dos titores cos pais e nais

O xoves 12 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria e Ed. Infantil, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.

Os familiares do alumnado de Educación infantil terán unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.

Na reunión porase de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.

Facilitarase a seguinte información na reunión:

  • Nova normativa de comedor. (Moi importante)
  • Normativa de transporte.
  • Horario do centro.
  • Fichas de datos.
  • Horarios do alumnado.
  • Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
    • Proxecta, PROA, PLAMBE, Abalar, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...
  • Ao rematar a reunión xeral, os titores informarán nas súas clases, aos familiares do alumnado, sobre diversos aspectos a ter en conta no desenvolvemento do curso escolar 2013/2014.

NON FALTEDES !!

Solicitude de praza curso 2013/2014

Desde o día 5 de abril e ata o 17  do mesmo mes está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro. Como non temos problemas de praza, podedes solicitar praza ao longo de todo o ano, aínda que vos recomendamos que o fagades o máis pronto posible para non levar sorpresas de última hora.

Este ano cambiou o procedemento, regulado por un novo Decreto e unha nova Orde que o desenvolve.

Calendario de prazos.


 DOCUMENTOS

 DESCARGA

 Reserva de praza no centro ou IES. Do 18 ao 22 de marzo. ANEXO I.

 Solicitude de praza no centro do 5 de abril ao 17 de abril. ANEXO II.

 Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

 Documentación que acompañará á matrícula.

 Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
 Solicitude de matrícula na área de relixión.

 Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Tríptico Informativo

Ata sempre Mercedes!!!

Esta nova que estou escribindo é desas que nunca pensas que farás, xa que é duro aceptar que non volverás a ver á persoa coa que compartiches tanto  traballo, esforzo, interese, logros, alegrías, tamén tristezas….pero enseguida te das conta de que son moitos os momentos que xamais esquecerás, que os bos recordos desta persoa perdurarán na túa vida xa que deixaron unha pegada imposible de borrar.

Como podedes adiviñar pola imaxe, estou a falar da nosa querida amiga e compañeira de traballo ata fai pouco, Mercedes… “profe” para moitos de vós, ou de vosos pais e nais,  ao longo destes últimos 30 anos.

Foi unha persoa exemplar, e moi dilixente, no desenvolvemento do seu traballo como mestre, o que lle valeu ás veces inxustamente para ter fama de moi ”dura” xa que ao convivir de cerca con ela, observabas que todo o que facía no aula era sempre na busca da mellora e progreso do seu alumnado, calidade que non sempre se lle recoñece a un mestre e que eu subliño intencionadamente no caso de Mercedes.

Agora que descansas en Paz, e nos observas desde o Ceo, que saibas que sempre te recordaremos e vivirás na nosa memoria.


Ata sempre Mercedes!!

Galicia Style

Esta é a letra do Flashmob que realizaremos o 21 de marzo, na convivencia de EDL da comarca do Arenteiro que se celebrará no Irixo, en defensa e promoción do idioma galego.

GALICIA STYLE


O galego é guai.... galegoguai
Somos de Galicia que é un sitio especial
aquítemos de todo, quenlledera á capital
praias, bosques, leiras, fragas, ave e moitomáis
Ven aquí e o comprobarás.

Isto é Galicia, man
se ti queres ven con nós e pasaralo ben.
Canta, baila, moveyourbody e salta tamén
e se non che gusta o baile vente con alguén...
É o Edén.

Con San Amaro e Boborás disfrutarás e reirás.
Vente óIrixo,
xoga en galego
falatamén,
iso está ben.
O idioma que teuspais conservaron para ti...ti...ti...ti...ti....

O galego é guai....galegoguai...
Eeeeeeeehh fala galego!
O galego é guai.... galegoguai


Somos de Galicia que é un sitio especial
aquítemos de todo, quenlledera á capital
praias, bosques, leiras, fragas, ave e moitomáis
Ven aquí e o comprobarás.

Con San Amaro e Boborás disfrutarás e reirás.
Vente óIrixo,
xoga en galego
falatamén,
iso está ben.
O idioma que teuspais conservaron para ti...ti...ti...ti...ti....

O galego é guai....galegoguai...
Eeeeeeeehh fala galego!
O galego é guai.... galegoguai


3:06 minutes (2.85 MB)

Programa PROA

O proxecto para participar no programa PROA de reforzo e orientación académica ao alumnado do 2º e 3º ciclo foi aprobado pola Consellería de Educación cun orzamento que ronda os 15.000 euros, feito que ten que concienciar a toda a comunidade educativa da súa importancia e motivarnos a para sacarlle o máximo rendemento posible.

As clases de reforzo educativo desenvolveranse a partir do mes de xaneiro e serán impartidas por dous mestres do colexio aos dous grupos que solicitamos: un para 2º ciclo e outro de 3º ciclo.

O horario será o seguinte: martes e xoves de 16 horas a 18 horas.

Calendario curso 2012/2013

 Calendario escolar curso 2012/2013
 

Ver arquivo PDF

 

Día non lectivos do centro:

mércores, 19 de setembro do 2012


 

Horario xeral
De luns a xoves
 Mañáns 09,30 a 13,10  
 
 Tardes 14,20 a 16,00  
Venres  Mañás 09:30 a 13:15  

 

Horario setembro e xuño
Mañáns   09,15 a 13,30  

 

Datas de entrega de notas:  
1ª Avaliación 21 de decembro  
2ª Avaliciación 22 de marzo  
3ª Avaliación 21 de xuño  

 

Proxecto Abalar

Este curso académico seguimos dentro do Proxecto Abalar, despois do éxito da súa implantación no noso centro.

Esperamos ter o aula dotada con ordenadores para o alumando novo o máis aixiña posible.

Matrícula 2012/2013

Continúa aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro, xa que hai prazas en todos os cursos e niveis.

Podedes descargar os impresos necesarios desde esta web ou solictalos na secretaría do colexio.

 

 DOCUMENTOS  PARA MATRICULARSE

 DESCARGA

Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

 Documentación que acompañará á matrícula.

 Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
 Solicitude de matrícula na área de relixión.

 Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

No seguinte tríptico hai máis información sobre o centro

Distribuir contido


by Dr. Radut