Skip to Content

Admisión de alumnos/as curso 2009/10

PRAZOS:
Durante o mes de marzo (do 1 ao 31) a familia solicita a admisión no centro.
En xuño formalizase a matrícula.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Consiste en cubrir un impreso e entregalo no centro. Dito impreso pódese pedir no colexio ou ben descargalo nos enlaces colocados ao remate deste artigo. Tamén hai que traer o libro de familia e un número de teléfono móbil.
No caso de que as solicitudes sexan maiores que o número de prazas, o centro solicitará documentación para establecer que nenos/as teñen prioridade, dependendo de: os irmáns matriculados, a proximidade do domicilio, as rendas anuais familiares, a discapacidade no alumno/a ou nun familiar, e a familia numerosa.

LISTA DE ADMITIDOS
Antes do 30 de abril colocarase no taboleiro a lista de admitidos e non admitidos. A Consellería tamén enviará un SMS ao móbil.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Do 20 ao 30 de xuño os admitidos acuden ao centro a formalizar a matrícula, traendo:
3 fotos tamaño carnet
Fotocopia da cartilla de vacinas
Fotocopia da tarxeta do seguro
Fotocopia do libro de familia
Certificado de empadronamento

 DOCUMENTOS  ALUMNADO

 DESCARGA

 Reserva de praza no centro ou IES. Do 1 ao 15 de febreiro. ANEXO I.

 Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 31 de marzo. ANEXO II.

 Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

 Documentación que acompañará á matrícula.

 Solicitude de matrícula na área de relixión.

 Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.



page | by Dr. Radut