Skip to Content

                              

Novas

VIDEO RESUMO - RECÍCLATE CON SOGAMA

Aquí vos queda un video - resumo de todas as actividades que fixemos no proxecto RECÍCLATE CON SOGAMA do Plan PROXECTA deste curso.

NOVOS ESPAZOS NO COLEXIO

Agora estamos intentando rehabilitar outra zona do patio, onde imos plantar flores en xardineiras feitas con caixas de froitas do comedor e con botellas de leite (aínda estamos na primeira fase).

MATERIAIS DE RECICLAXE

Durante todo o curso se crearon materiais con refugallo (caixas,  restos de cartón, botellas de auga, cinta illante, vasos de plástico, botellas de plástico, tapas de plástico,...), material manipulativo para o alumnado TEA, varios photocall para o día do Autismo e a Convivencia intercentros, xogos tradicionais, agasallos con materiais de refugallo para o amigo invisible, mobles para a curtametraxe con caixas de medicamentos, clasificación de tapas  por cores e tamaños, xarróns con flores,...

CURTAMETRAXE: "O CASCABEL DA GATA"

Neste curso o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria participaron en Nós tamén creamos! do PROXECTA, co conto "O cascabel da gata", de OQO.

Foi un traballo arduo e moi enriquecedor para todo o alumnado, onde aprendemos moitas cousas sobre fotografía, luces, montaxe, etc.

No seguinte video podedes ver a curtametraxe:

 

E neste video o making off (cómo se fixo):

ELABORACIÓN DE XABÓN

O alumnado de 3º de educación primaria elaborou xabón co aceite usado do comedor do colexio, o cal levarán como agasallo o día da familia, 15 de maio.

PREPARACIÓN DO TERREO

No mes de marzo empezamos a limpar  o horto e a preparalo para que viñeran fresalo.

Este curso volveu o papá de Iria co seu motocultor a fresarnos o horto e así aproveitamos para colocarlle unha tea para que non crezan as malas herbas.

SEMILLEIROS

O alumnado de varios cursos de primaria preparou os semilleiros nos envases dos iogures, que se reciclaron do comedor e das merendas do alumnado.

ENTROIDO

Este curso decidimos disfrazarnos de contedores de reciclaxe. Para iso pedimos a colaboración das familias e a resposta foi que nos xuntamos cunha cantidade inmensa de plásticos que desbordou todas as nosas expectativas. Nas fotos podedes ver momentos de elaboración dos disfraces, así como do día do desfile, que fixemos un percorrido polo pobo de Boborás.

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz fixemos un mural xigante, no que a base estaba toda feita con planchas de cartón recicladas de material que chegou ao colexio. Tamén aproveitamos as tapas de bebibles para facer o sol e as garrafas de auga para facer as macetas.

 

NADAL 2022

Nas semanas previas as vacacións de Nadal pedímoslle as familias que fixeran decoracións con materiais de refugallo, ademais de adornos con rolos de papel hixiénico para a árbore que fixeron os de 3º de educación primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut