Skip to Content

                              

Día Internacional da Infancia

Co motivo da celebración do Día Internacional da Infancia e do aniversario da firma da Convención dos Dereitos do Neno, UNICEF Galicia e a Asociación O CASTRO de Baión convocaron ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria do noso centro a un acto de celebración que terá lugar no emblemático espazo do PAZO DE BAIÓN o día 19 de novembro ás 11:30.

 

OBXECTIVO:

 

Darlle voz aos nenos e nenas no seu día Internacional. Que o alumnado, profesorado, representantes das institucións máis significativas e da sociedade en xeral, reflexionemos da importancia dos dereitos da infancia e da nosa aportación para que se preserven e se respecten en todo o mundo”

 

PROGRAMA (a realizar entre as 11:30 e as 13:30h):

 

  • Chegada e recepción dos autobuses á entrada do Pazo.

Haberá dúas persoas da organización que vos acompañarán durante todo o acto para informarnos e axudarnos no que precisemos)

 

  • Visita ao Gran Mural Dos Dereitos Dos Nenos

Mural con todos os debuxos do alumnado dos centros participantes (cada neno según o anexo actividades fará un debuxo sobre o Dereito que lles toque ao seu centro). 

 

  • Actuación dun grupo de animación infantil.

  • Proxección Video ; “Os dereitos da infancia no mundo” (6 minutos)

  • Participación Infantil. Os nenos falan dos seus dereitos. As reflexións dos nosos rapaces e rapazas serán lidos polos representantes dos centros (cada colexio traerá nunha cartolina un manifesto ou lema sobre o dereito sobre o que reflexionaron e que lerá o seu representante no escenario).

  • Remate do acto cun final lúdico-festivo.



page | by Dr. Radut