Skip to Content

                              

Concurso de Galego

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca do Carballiño convocou un concurso de elaboración de cartaces co lema de: "Para a defensa e promoción do galego".

As bases de participación son as seguintes:

1º - Poderá participar todo o alumnado dos centros.

2º – As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

3º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

4º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

5º Os traballos serán presentados antes do 15 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENL, aportando ao conxunto da comarca  tres traballos de cada ciclo.

6º O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

7º Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

8º Haberá un premio por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria, Eso, Bach, Ciclos.
(Non teño claro que non debamos outorgar un premio para cada un dos antigos ciclos de secundaria)

9º - Establécense os seguintes premios para cada nivel.
Material escolar, libros.....



page | by Dr. Radut